Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 11 h presentación do Festival do Meixón 2019

4/04/2019

Mañá venres, 5 de abril, ás 11 h nas instalacións do Club Náutico San Telmo, na Baixada ao Embarcadoiro, terá lugar a presentación do Festival do Meixón 2019 que se celebrará do 6 ao 29 de abril en seis establecementos tudenses.  

Comparecerán ante os medios de comunicación alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, xunto aos representantes dos establecementos participantes: Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, La de Manu e o Parador de Turismo San Telmo.