Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Luís Iglesias e Marcos Orsi abordan este venres no Teatro Municipal á chegada aos 50 anos

6/03/2019

Ás 21.30h presentan “Senior”  baixo a dirección de Avelino González

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 8 de marzo, ás 21.30h a Culturactiva de Santiago de Compostela que presenta "Senior".

Avelino González dirixe o elenco conformado por Luís Iglesias e Marcos Orsi nunha comedia que aborda a chegada aos 50 anos de idade.

“Senior” achéganos unha reflexión en clave de humor, ríndonos de nós mesmos, sobre a chegada ao medio século. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permitiranos, ao longo de 70 minutos, rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moitos chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 8 de marzo ás 12 h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes, aos prezos de 6€ e 5€.

Culturactiva con “Senior”

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Venres, 8 de marzo, ás 21.30h
  • Entradas: á venda en www.culturatui.info ata este venres 8 de marzo ás 12 h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes.
  • Prezos: 6€ e 5€