Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“A Leituga” de Eme2 abre esta noite a programación cultural de Outono

5/10/2018

Será ás 21.30h no Teatro Municipal. As entradas poranse á venda ás 20h no despacho de billetes

Hoxe ábrese a programación cultural de Outono no Teatro Municipal de Tui. Será coa representación da comedia negra “A Leituga”  da man de Eme2. A cita será ás 21.30h.

Neste espectáculo Víctor Duplá dirixe a Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro, e Xosé Barato.  nesta obra teatral na que cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma dende hai nove anos.

As entradas poranse á venda ás 20h no despacho de billetes aos prezos de 8€ e 6€.