Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Investidos máis de 8.700 euros de baixas do Plan Concello 2017 en material audiovisual e informático

12/11/2019

O Concello de Tui vén de investir 8.742,25 € procedentes de baixas do Plan Concello 2017 na adquisición de material audiovisual e informático para distintos departamentos municipais.  

En concreto adquiríronse equipos audiovisuais e de televisión cos que se mellorarán os procesos das mesas de contratación, a exposición de proxectos, … tamén se mellorará o equipamento na sala de xuntas e reunións.

Unha das pantallas adquiridas será colocada no vestíbulo da casa do concello. Na mesma proxectaranse anuncios de interese para a cidadanía, brindarase información das actividades culturais, deportivas ou doutra índole previstas no municipio, reproduciranse vídeos promocionais da cidade, e daranse a coñecer as obras previstas.

Igualmente con outro dos monitores mellorarase a información achegada no vestíbulo do Teatro Municipal sobre os espectáculos a celebrar. Outro dos servizos beneficiarios do novo equipamento é o Conservatorio Profesional de Musica que contará con dous novos equipos de audio.  Do mesmo xeito mellorou o equipamento que se emprega, por parte do Concello, na megafonía de distintos eventos ao longo do ano.

A renovación de equipamento informático e monitores de ordenador para distintos departamentos municipios foron obxecto tamén deste investimento.

Porén debido á demora na adxudicación doutros proxectos do Plan Concello 2017 o concello de Tui perdeu máis de 100 mil procedentes das baixas destas obras, xa que non daba tempo a investir este cartos antes do 30 de novembro.