Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Iníciase o proxecto "Fun Kids" na Biblioteca Municipal

17/10/2006

INÍCIASE O PROXECTO “FUN KIDS” NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Houbo ata 79 solicitudes para as 24 prazas ofertadas

Nesta tarde iniciaronse na Biblioteca Pública Municipal de Tui as actividades do proxecto “Fund Kids” de animación á lectura en lingua inglesa. Foi grande o éxito da convocatoria formulada pola biblioteca tudense pois ata 79 rapaces realizaron a correspondente solicitude de inscrición: 35 para o grupo de 4 e 5 anos de idade e 44 para o grupo de 6 e 7 anos.
Xa que logo foi preciso realizar un sorteo público para escoller aos participantes, doce para cada grupo de idade, realizando tamén unha lista de espera para cubrir as posibles baixas.
Este proxecto ten como obxectivo promover a iniciación á lingua inglesa mediante actividades de carácter lúdico, que favorezan o seu desenvolvemento persoal e potencien a súa motivación pola aprendizaxe. As actividades a desenvolver parten dun achegamento ao inglés xogando cos contos tradicionais de Inglaterra, aprendendo e recitando pequenos versos infantiles da cultura popular británica, xunto a cancións tradicionais de grande popularidade, etc.
Este proxecto está a cargo de Imelda Gillespie-Wilkinson, titulada en Humanidades e Comunicación e con acreditada experiencia na formación de docentes e na impartición de cursos e actividades de ensinanza da lengua inglesa.

Tui, 17 de outubro de 2006