Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Iniciada a instalación da sinalización turística do casco histórico de Tui

6/06/2007

INICIADA A INSTALACIÓN DA SINALIZACIÓN TURÍSTICA DO CASCO HISTÓRICO TUDENSE En dias pasados operarios da empresa adxudicataria iniciaron a instalación en diversos lugares do casco histórico tudense de diversos paneis con información turística para orientar aos visitantes que achéganse a coñecer os monumentos da nosa cidade.Este proxecto de sinalización turística de Tui foi aprobado, hai algúns meses, polo goberno municipal tudense e agora comeza a súa instalación de cara á tempada de verán que estamos iniciando.Este proxecto de sinalización abrangue tres tipos de sinais: varios monolitos informativos de gran tamaño a instalar no Paseo da Corredoira, na Praza de San Fernando, no convento das “Encerradas”, en San Domingos e en San Bartolomeu de Rebordáns. Tamén procedérase á instalación de sinais, tipo “bandeirola”, en lugares como a Praza do Concello, a Igrexa de San Francisco, Capela da Misericordia ou unha adicada ao sistema amurallado tudense. Por último complétase a conxunto de sinais con pracas informativas colocadas en: Porta da Pía, Museo Diocesán, Camiño de Santiago, Carcere vello, Teatro Principal, Igrexa de San Telmo ou Convento de San Domingos.Foi precisamente por esta última tipoloxía por onde comezou a instalación que ao longo dos vindeiros días ficará definitivamente completada. Para o concelleiro de turismo en funcións, Moisés Rodríguez Pérez, a colocación desta completa sinalizacion do noso conxunto monumental era unha vella aspiraciòn do goberno municipal que, tras acadar os correspondentes permisos da Dirección Xeral de Patrimonio, agora poderemos contemplar tudenses e visitantes. Con esta sinalización facilitase a visita dos numerosos turistas que acuden á nosa cidade para coñecer os seus recursos históricos e patrimoniais que deste xeito atopan “in situ” a información necesaria para coñecer e valorar os máis significativos elementos da nosa cidade histórica.