Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inaugurado o Telecentro de Tui

13/10/2008

A SECRETARÍA XERAL DE COMUNICACIÓN INAUGURA O TELECENTRO DE COMUNICACIÓN DE A Secretaría Xeral de Comunicación inaugura o próximo martes, ás 12:30 horas o TC do concello

TUI

 

  • A Secretaría Xeral de Comunicación, que inaugurou hoxe o telecentro de comunicación (TC) de Tui, pretende converter os TC en focos dinamizadores de acceso ás novas tecnoloxías

 

  • A inauguración consistiu nunha videoconferencia coa sede do telecentro de Redondela, onde estiveron a concelleira de Novas Tecnoloxías e Ensino e o concelleiro de Cultura e Turismo que deron a benvida á nova incorporación

 

  • Os veciños de Tui teñen á súa disposición vinte ordenadores na Área Panorámica

 

 

Tui, 13 de outubro de 2008.-

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel J. Fernández Iglesias, e o primeiro tenwnte de alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, inauguroron hoxe o telecentro de comunicación do concello (sito na Área Panorámica) co que a Secretaría Xeral de Comunicación pretende achegar aos veciños as novas canles de comunicación, convertindo este telecentro de comunicación nun espazo apropiado para iniciarse no mundo da comunicación audiovisual e a alfabetización dixital. Desde Redondela, a través de videconferencia, a concelleira de Novas Tecnoloxías e Ensino e o concelleiro de Cultura e Turismo deron a benvida ao concello de Tui á Rede de Telecentros de Comunicación.

A Secretaría Xeral de Comunicación colabora co Concello de Tui coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico. Ademais, incorpora ao concello á Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) para que se beneficien do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual da RTC. A inversión da Secretaría Xeral de Comunicación para a posta en marcha dese telecentro de comunicación foi de 120.000 €.

Ademais de dotar aos TCs do equipamiento axeitado (no caso do TC de Tui  20  terminais de ordenador), a Xunta de Galicia busca que adquiran un dinamismo para o que se están a desenvolver proxectos que permiten aproveitar as sinerxias que xorden da administración autonómica e da local.

Un dos obxectivos da Secretaría Xeral de Comunicación e do Concello tudense é converter o telecentro de comunicación nun punto de encontro dentro do concello conseguindo incorporalo como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía. Asociacións e colectivos de todo tipo poden utilizar este telecentro de comunicación (TC)  para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais, conferencias, etc...

 

 

A Rede de Telecentros galega

 

Un telecentro de comunicación (TC) é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver).

 

A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) é un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos concellos onde se sitúan.

 

Actualmente, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dispón de telecentros situados nas localidades da Coruña, Abegondo, Arzúa, Boiro, Carballo, Ribeira, Santa Comba, Muros, Santiago, Vedra, Vimianzo, A Fonsagrada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Viveiro, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra,  Marín, Redondela, Tui e Vigo.