Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe venres cine na rúa con "Madagascar 2" na Praza de S. Fernando ás 22,30 h.

24/07/2009

O cinema chega a programación do Verán Cultural en Tui

O venres proxectarase Madagascar 2 na praza de San Fernando ás 22.30h

 

Xoves, 23 de xullo.  O Cinema chega á programación do Verán Cultural en Tui coa proxección mañá venres da película de animación Madagascar 2. A cita será ás 22.30h na Praza de San Fernando, en caso de choiva realizarase no Teatro Municipal, debendo entón retirarse entrada dende ás 22h de xeito gratuíto.

 

Trátase da esperada continuación de Madagascar. Nesta nova entrega os animais protagonistas do filme están abandonados nas praias de Madagascar, pero os pingüinos teñen un plan e arranxan un vello aeroplano que os levará até África.  Os habitantes do zoo de Nova Iorque entrarán en contacto con animais en liberdade, aí comeza a aventura que non defraudará a ninguén.

 

Cinema: Madagascar 2

Data e hora:  Venres, 24 de xullo, ás 22.30h

Lugar: Na Praza de San Fernando, ou se chove no Teatro Municipal de Tui debendo nese caso retirarse entradas dende ás 22h.