Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe ten lugar a segunda visita “Coñece Tui co seu alcalde”

13/08/2018

Será en castelán e sairá ás 20.30h da praza da Inmaculada. Mañá martes terá lugar en inglés.

Hoxe terá lugar a segunda das tres visitas ao conxunto histórico de Tui baixo o título “Coñece Tui co seu alcalde”.

Partirá ás 20.30h dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido, guiado polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, pola rúa Tide, tunel das Clarisas, praza do Concello, praza da Misericordia, rúa Entrefornos, rúa Sanz, praza de San Fernando, rúa Seixas, Porta da Pía, rúa Ordóñez e Paseo da Corredoira.

Mañá mércores terá lugar a derradeira visita, co mesmo percorrido. O punto de partida será de novo ás 20.30h dende a Praza da Inmaculada. Será conducida en inglés.