Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe nova proxección nas actividades de Nadal da Biblioteca Municipal

2/01/2009

A BIBLIOTECA MUNICIPAL CONTINUA O VENRES 2 DE XANEIRO AS ACTIVIDADES DE NADAL COA PROXECCIÓN DUNHA NOVA PELÍCULA.

 

 

A Biblioteca Pública Municipal tudense realiza ao longo destas festas de Nadal diversas proxeccións destinadas aos seus usuarios máis novos, promovendo un achegamento dos rapaces aos soportes audivisuais.

Así o vindeiro venres 2 de xaneiro ás 17,00 horas se realizará a proxección da película de animación "Gisaku".  É o primeiro filme manga español e conta o periplo de Yohei, un samurai, encargado de velar a porta que separa o ben do mal e que permanece durmido ata o 2006. Será entón cando se sucedan unha serie de aventuras que o levarán, entre outros lugares, ata Santiago. É una película de animación da factoria compostelana Filmax.

Argumento: Gorkan, Amo da Escuridade, quere invadir o mundo coas súas hordas demoníacas. A el enfrontarase o peculiar grupo formado por Yohei, Riki, Gisaku, Linceto e Moira.