Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Hoxe clausúrase o curso de verán sobre educación ambiental

11/07/2008

HOXE CLAUSÚRASE O CURSO DE VERÁN SOBRE EDUCACIÓN AMBIENTAL

Hoxe venres remata o curso de verán “Comunicar, educar e participar para a educación ambiental” que organizado pola Universidade de Vigo, en colaboración co Concello de Tui tivo lugar ao longo desta semana na nosa cidade.

Este curso de verán ten unha duración de 35 horas lectivas e posúe unha validación por dous créditos recoñecidos pola Universidade de Vigo e ao longo destes días os vinte asistentes profundizaron en identificar e recoñecer as posibilidades que o medio rural ofrece para a educación ambiental, adquirir ferramentas para o deseño e desenvolvemento de programas e actividades de comunicación e educación ambiental ou en aprender o uso de métodos participativos e como promover os cauces para a participación en cuestión ambientais.

A celebración deste curso de verán xurdiu logo dun acordo do Pleno da Corporación Municipal tudense e foi concretizado tras a visita da Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, María do Carme Cabeza Pereiro, no pasado mes de marzo. Tamén naquela xuntanza ficara establecido que este curso é un primeiro paso para en anos vindeiros incrementar a celebración destas accións formativas na nosa cidade.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, o desenvolvemento deste curso de extensión universitaria é plenamente satisfactorio para o Concello de Tui por canto ten contribuído a recuperar a impartición na nosa cidade destas accións formativas, ten facilitado aos estudantes de Tui o acceso a este curso universitario de verán e confía que a impartición deste curso propiciará que no ano vindeiro se poidan incorporan outras actividades de formación ampliando a oferta de cursos de verán na nosa cidade