Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A historia de “Peter Pan y Wendy” chega este mércores ao Teatro Municipal de Tui

29/10/2018

A cita será ás 20h, para público familar da man de El Perro Azul de Logroño

Todo un clásico da literatura coma é a historia de Peter Pan, pero cunha nova lectura e adaptado aos novos tempos é o que chega este mércores, 31 de outubro ao Teatro Municipal de Tui. A compañía rioxana El Perro Azul será a encargada de pór en escena “Peter Pan y Wendy”.

Trátase dunha comedia dirixida a público familiar a partir de 5 anos. É unha fábula sobre o tempo, o seu paso e o que supón, cunha historia de amor, con humor e o encanto dunha narración fantástica. Unha viaxe ao País de Nunca Xamais co neno que nunca crece, Peter Pan, e Wendy, e a súa filla, e a filla desta...

A obra está dirixida por Jorge Padín, quen se encarga tamén da dramaturxia e a escenografía.  Sonbre o escenario estarán Gemma Viguera e Fernando Moreno.

EL Perro Azul chega dende Logroño indagando en distintos linguaxes teatrais, sendo quen de emocionar ao público de calquera idade. Dende hai unha década realizan traballos moi diversos de teatro actoral, de máscaras, xestual,… con espectáculos moi diferentes.

As entradas para este espectáculo están á venda, aos prezos de 4€ e 3€, en www.culturatui.info ata o mércores 31 ás 12h, ou o mércores dende ás 18.30h no despacho de billetes.

El Perro Azul con “Peter Pan y Wendy”

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Mércores, 31 de outubro, ás 20h
  • Entradas: 4€ e 3€
  • Á venda en www.culturatui.info ata o mércores 31 ás 12h, ou o mércores dende ás 18.30h no despacho de billetes.