Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Gala do Deporte Tudense 2017 terá lugar o venres 23 de febreiro, no Teatro Municipal de Tui

13/02/2018

Os Premios Deporte Tudense recoñecerán a deportistas, clubs e persoas do mundo do deporte tudense

Os Premios Deporte Tudense 2017 entregaranse na  sexta Gala do Deporte Tudense, que se realizará o venres 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

Do mesmo xeito realizaranse distintos homenaxes a persoas e equipos que marcaron o antes e o despois na historia deportiva do noso concello, así como un recoñecemento aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do mundo e de Europa no ano 2017.

O xurado desta sexta edición está conformado por Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, exdirectivo e exresponsable das escolas deportivas do Tyde F.C., Marisa Giraldez, deportista de varias modalidades deportivas e presidenta do Club Bádminton Tui, Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, ex-responsable das escolas deportivas do Club Balonmán Tui, e Andrés Urseira, concelleiro delegado de Deportes de Tui.