Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A festa do Meixón terá dende este ano un selo distintivo

22/03/2019

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que o ano pasado

Do 5 ao 29 de abril celebrarase en Tui a Festa do Meixón que dende este ano contará cun selo distintivo, creado pola deseñadora tudense Marta Fontán. No mesmo recóllese de xeito esquemático os elementos patrimoniais e naturais da cidade, así como unha referencia ao río Miño, aos pescadores de Meixón  o escudo de Tui e de Valença. O selo ilustrará tanto os carteis, coma as cazolas e os establecementos participantes na festa. Co mesmo búscase dotar dunha imaxe corporativa a este evento, cunha imaxe atemporal que poderá ser empregada en todas as edicións.

A Festa do Meixón celebrarase do 5 ao 29 de abril co mesmo formato da edición do ano pasado, e dicir o meixón servirase cun prezo especial en establecementos hostaleiros, e restaurantes tudenses, que se adhiran a esta festa.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, será o encargado da presentación oficial da festa que terá lugar o 5 de abril en Tui e o 6 de  abril en Ourense. Este último será o primeiro dos concellos que acolla a presentación da festa fóra de Tui, nos próximos anos serán outros concellos galegos ou portugueses o escenario desta presentación.