Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A exposición "Fillos do océano" de Javier Teniente poderase visitar en Tui até o 6 de decembro

10/11/2020

Mañá mercores, 11 de novembro, ás 11 h terá lugar na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica, a inauguración da exposición fotográfica “Fillos do Océano” de Javier Teniente. A mostra, que se poderá visitar ata o día 6 de decembro en Tui, enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Tui, ABANCA e Afundación.

Na apertura da mostra estarán o alcalde, Enrique Cabaleiro González; a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla; a responsable Zona Condado Baixo Miño de ABANCA, Ángela Rodríguez Miguens; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela,  e a directora da oficina de ABANCA da rúa Augusto González Besada de Tui, Noelia Vaqueiro.

A sala de exposicións municipal conta con protocolo de prevención e todas as medidas de seguridade ante a actual situación de pandemia. 

(Horario da exposición de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 21 h e os sábados de 9 a 14 h)