Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A exposición de fotoperiodismo "Galicia en foco" na Sala Municipal de Exposicións

11/12/2006

“GALICIA EN FOCO 2006” OU FOTOPERIODISMO NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS DE TUI

A partir de hoxe, lúns 11 de decembro, e ata o vindeiro día 23 deste mesmo mes a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a presencia a exposición itinerante “Galicia en foco 2006” que ofrece unha panorámica do fotoperiodismo en Galicia ao longo do último ano.
“Galicia en foco” nace en Ferrol no 1989 animada polo Club de Prensa daquela cidade e posue unha traxectoria marcada polo traballo dos profesionais do fotoperiodismo galego. Esta mostra serve como recopilación e crónica anual do acontecer e sentir do noso pobo recollido nas súas diversas facetas nos medios de comunicación. Máis dunha treintena de fotógrafos de prensa de Galicia participan nesta 17ª edición de “Galicia en foco” con fotografías publicadas nos diversos medios de comunicación de Galicia.
Nesta edición de Galicia en foco, podemos contemplar ata 35 imaxes de fotoperiodismo galego que fan un percorrido polo acontecementos máis singulares do ultimo ano na nos aterra. Nesta mostra participan un total de 33 fotógrafos de prensa, con nomes como Xulio Villarino, Kiko Delgado, Xosé Marra, José Paz, Carlos Puga, etc.
“A producción e creación de Galicia en foco, sinálase no catálogo da exposición, xa é unha parte da historia da comunicación e da fotografia en Galicia ao encher un vacio nos eidos da promoción, divulgación e exhibición da fotografia de prensa (…) Hoxe, Galicia en foco, con 17 anos de experiencia é o resultado do esforzo dos fotógrafos e xornalistas”.
Este certame é posible gracias á colaboración da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de A Coruña e a Concellería de Cultura do Concello de O Ferrol.
Para o concelleiro de Cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, con esta nova exposición temporal continua a programación da Sala Municipal de Exposición que tenta ofrecer aos tudenses unha programación variada nas súas propostas expositivas.
Na actualidade e ata o vindeiro venres 15 de decembro na mesma Sala podemos visitar a exposición de pintura dos artistas lusos, Fatima Bezerra e José Luis Pais.