Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres un espectáculo familiar no Teatro Municipal, a compañia de Susi Lillo con "La mar de cuentos"

25/11/2009

A Compañía de Susi Lillo presenta "La mar de cuentos"

É un espectáculo para público familiar que terá lugar este venres ás 20h

 

Mércores, 25 de novembro de 2009. Os máis pequenos da casa son os destinatarios do espectáculo que este venres ás 20h terá lugar no Teatro Municipal de Tui. Será "La Mar de Cuentos" que chega a Tui da man da compañía madrileña de Susi Lillo.

 

As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info até o venres ás 17h, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica. Teñen un prezo de 3€, 2€ con descontos e para os menores de 12 anos.

 

"La mar de cuentos" é un espectáculo familia especialmente indicado para nenos de 1 a 5 anos, cunha duración de 45 minutos. É unha viaxe ao fondo do mar conducida por Serruchín, o peixe protagonista da historia que nos vai presentar aos seus amigos Tibur, Socorro e Tío Pulpo. Eles achegaranos nunha viaxe divertida e sorprendente polas profundidades mariñas para coñecer miles de contos que levan moito tempo agochados. Cantarán cancións e nos farán disfrutar dun ledo mundo submarino, amosándonos gran parte dos tesouros que ten agochados.

 

A cita é este venres ás 20h no Teatro Municipal de Tui dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura.

 

Compañía de Susi Lillo con "La mar de cuentos"

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora: Venres, 27 de novembro, ás 20h

Prezo entradas: 3€ - 2€  con descontos e para menores de 12 anos

Venda de entradas: na web www.culturatui.info até o venres ás 17 ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica