Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres inagúrase a exposición de pintura dos artistas portugueses Fátima Bezerra e José Luis Pais

29/11/2006

O VINDEIRO VENRES INAUGÚRASE UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA DOS ARTISTAS PORTUGUESES FÁTIMA BEZERRA E JOSÉ LUIS PAIS
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Área Panorámca, acolle dende o vindeiro venres 1 de decembro unha exposición de pintura a cargo de dous artistas portugueses: Fátima Becerra e José Luis Pinto. A inauguración desta exposición terá lugar ás 19,00 horas do vindeiro venres e contará coa actuación da clarinetista Nuria Peláez.
Fátima Becerra é licenciada en Filosofía e mestra en Ciencias da Educación, as súas principais liñas de investigación tanto en teoría crística como en estética. Para a artista “a estética como modo de conhecer e sentir o mundo, uma espécie de criaçao continua, uma permanencia que se transmite na flexibilidade e na capacidade de gerar e entregar permanentemente a novidade”. Esta artista ten realizado xa diversas exposicións tanto en Arcos de Valdevez como en Viana do Castelo e noutras localidades de Galicia e Portugal.
Pola súa banda, José Luis Pais (Porto 1940) tras estudiar decoración en Londres ten estudiado pintura na Acedmia Domínguez Alvarez con o mestre Jaime Isidoro. Dende inicios dos anos noventa ten realizado numerosas exposicións nas principais localidades de Portugal: Lisboa, Porto, Braga, etc.
Con esta exposición a Concellería de Cultura do Concello de Tui comeza unha serie de exposicións que tentan achegarnos á cultura portuguesa, ás veces escasamente coñecida entre os tudenses, pois a nosa cidade de Tui está chamada a desempeñar un papel fundamental coma ponte de aproximación entre Galicia e Portugal.
Para completar este acto de inauguración, que coincide coa festa da Restauración da Independencia de Portugal de 1640, cun pequeño conceto a cargo de Nuria Peláez Rodríguez, que interpretará ao clarinete as seguintes obras: Aria (E. Bozza), Preludio (estrea) (Yerko P. Ivanovic) e
Canzonetta (G. Pierné).

“Se a pintura, entre outros destinos, tem a tarefa práctica de organizar e recrear o mundo, como um voo de reconhecimento aos lugares onde tudo começa – este é o caso de Fátima Becerra” (Dinis Machado)