Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado inaugúrase o Complexo deportivo "Alcalde Álvarez Durán"

30/03/2007

Este sábado, ás 20.00h, terá lugar a inauguración oficial do complexo deportivo Alcalde Álvarez Durán que engloba os accesos, as instalacións exteriores e o campo de fútbol onde se instalou herba artificial.

O campo de herba artificial supón unha mellora cualitativa nesta infraestrutura deportiva que vai repercutir positivamente nas escolas deportivas municipais.

Aproveitando a inauguración descubrirase un busto de Ángel Álvarez Durán, que foi Alcalde de Tui, e cuxo nome levan estas instalacións.