Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado a Banda de Música Popular de Tui ofrece o seu terceiro concerto na rúa deste verán

30/08/2018

Será no Paseo da Corredoira as 21:30h

Este sábado as 21:30h a Banda de Música Popular de Tui ofrece no Paseo da Corredoira o seu terceiro concerto dos tres previstos no Ciclo de Concertos de Verán na rúa. Unha vez mais o  repertorio  que interpretarán estará composto por clásicos, temas populares, bandas sonoras, e composicións contemporáneas coas que deleitarán ao público presente.

Este será o último concerto que a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá este verán dentro do programa  “Concertos de Verán na Rúa” e no que actuaron xa en dúas ocasión anteriores , todas elas no paseo da Corredoira e con importante éxito de público.