Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo clausura da exposición dos artistas tudenses, Lis e Rai

20/05/2010

ESTE DOMINGO SE CLAUSURA A EXPOSICIÓN CONXUNTA DOS ARTISTAS TUDENSES "LIS" E "RAI"

 

O vindeiro domingo 22 de maio péchase na Sala Municipal de Exposicións do Concelo de Tui a exposición conxunta de dous artistas tudenses de diltada traxectoria; por unha banda o pintor Xosé Luis Méndez "Lis" que presenta a sua mostra "A cor da música e maternidades" e doutra parte o escultor Raimundo Martínez "Rai" que exhibe as súas obras baixo o titulo de "O andar da pedra".

Esta exposición está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui na súa pretensión de amosar neste espazo expositivo a obra dos artistas locales. Para o seu responsable, Moisés Rodríguez Pérez, é un grande motivo de satisfacción a importante acollida que do público a esta exposición que amosa o traballo realizado por dous dos artistas tudenses de reputada calidade.

Ao longo das semanas que lava aberta esta mostra son numerosos os tudenses e visitantes que se teñen achegado a contemplar este ampla mostra artística. Moisés Rodríguez expresa o seu agradecemento tanto a Xosé Luis Méndez Rodríguez "Lis" como a Raimundo Martínez "Rai" pola excepcional colaboración realizada co Concello tudense na organización desta exposición e que enriquece a programación da Sala Municipal de Exposicións.

 

Xosé Luis Méndez Rodríguez "Lis" (Tui, 1958) posue unha dilatada actividade expositiva que comezou en 1975 participando en exposicións colectivas de artistas do Baixo Miño e que ten acadado importantes fitos como a exitosa exposición celebrada na Casa de Galicia en Madrid no ano 2008. Como afirma o crítico Silvestre Gómez "a pintura de Lis é unha sinfonia e unha regueifa de cores e liñas fuxidías, metáfora de imposible pentagramas, que mostra a consolidación dun estilo personal que, recollendo as aprendizaxes das súas anteriores etapas, o impulsan dende esta brillante madurez á procura de novas formas expresivas para sorprenderse e sorprendernos." Nesta exposición Lis presenta unha coidada colección de músicos absortos na beleza armónica do son, complementada cunha serie de maternidade.

Raimundo Martínez "Rai" (Malvas - Tui, 1940), creou aos 18 anos unha empresa de extracción de granito e pasado o tempo, xa na súa madurez, avivou a súa vocación artística e dedicouse desde entón por completo a esculpir, converténdose no artista pioneiro na utilización do canto que se achase nas ribeiras do Miño e os seus afluentes. A súa expresión artística materialízase, tanto no abstracto como no figurativo, cunha ampla traxectoria expositiva en Galicia, Norte de Portugal, Segovia ou Madrid.