Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta mañá tivo lugar a presentación do novo rueiro de Tui

3/09/2018

No novo rueiro destácanse os puntos máis atractivos da cidade

Esta mañá tivo lugar a presentación do Novo Rueiro de Tui, foi ás 12h na oficina de Turismo do Concello de Tui, na praza de San Fernando, a cargo do alcalde de Tui,  Carlos Vázquez Padín.

A proposta pretende destacar a importancia dunha das principais fontes de riqueza da cidade, que é o turismo, e pon en valor o seu patrimonio histórico a través dun deseño máis moderno que intuitivo que o anterior. É unha versión única e trilingüe cunha imaxe dun mapa único , a escala real. Por detrás destácanse os puntos máis atractivos de Tui,  a cidade histórica, o Rio Miño, o Parque Natural e a Eurocidade. Outro dos puntos que quixeron destacar neste novo rueiro é a posibilidade de que os visitantes visiten a web turismotui.mobil. onde atoparán información detallada dos distintos atractivos turísticos de Tui.

Realizouse unha primeira tirada de  10.000 exemplares deste novo rueiro que se distribuirá polos establecementos hoteleiros de Tui ademáis da Oficina de Turismo.  Esta iniciativa enmarcase nunha serie de acción que xunto co plan director marcarán a promoción turística de Tui.