Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta fin de semana Feira de Artesania e Rota do Pincho

2/05/2008

Tui celebra esta fin de semana a XII Feira de Artesanía

Haberá 36 postos e actividades de animación tanto o sábado coma o domingo  

Mércores, 30 de abril de 2008.

A Cidade de Tui vai celebrar na fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4, a XII Feira de Artesanía, una aposta consolidada pola promoción da artesanía galega nas súas diferentes facianas. A rúa Ordóñez, que estará debidamente decorada, será o lugar onde se desenvolva esta cita na que estarán presentes 36 postos de artesáns dos máis diversos sectores da madeira ao coiro pasando pola cerámica ou os instrumentos musicais. A moitos deles poderáselles ver traballar en directo os distintos materiais para conformar estas pezas de arte. 

 A inauguración da feira terá lugar o sábado ás 12 do mediodía. Os postos permanecerán abertos tanto sábado coma domingo de 12 a 22h. De forma paralela a Concellería de Cultura programou unha serie de actividades. O sábado trala inauguración actuará o grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis, e pola tarde, de 17h a 20h haberá obradoiros para nenos con “Troula Animación”, actuando outro grupo folclórico ás 18h. O domingo ás 12h do mediodía actuará o grupo folclórico “San Fins” de Rebordáns e ás 18h o grupo “Seixos Albos” de Areas. Por último ás 19h poderase disfrutar do espectáculo de rúa “Unha de piratas”.  A Feira de Artesanía conta coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño que levarán a cabo durante a fin de semana unha palillada na propia rúa Ordóñez.  

Prohibido estacionar e circular pola rúa Ordóñez co gallo da Feira de ArtesaníaCo gallo da celebración da Feira de Artesanía a Policía Local de Tui informa que non se poderá circular nin estacionar vehículos dende o venres día 2 ás 8 da mañá e até o luns 5 ás 2 da tarde na rúa Ordóñez, no tramo comprendido entre o Palco da Música e a Porta da Pía.  

Nova rota do Pincho coincidindo coa Feira de ArtesaníaPor outra parte a Concellería de Comercio e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui volven colaborar esta fin de semana na organización dunha nova Rota do Pincho, tralo éxito acadado na primeira fin de semana de abril. Participan doce establecementos comerciais. Trátase de La Jamoneta na Avda. de Portugal, O Alboio na rúa Augusto Glez Besada, Don Sancho na rúa Colón, Santa Columba na rúa Foxo- Rosa Bahamonde, Café Bar Metro e Cafetería Monalisa na rúa Irmáns Maristas, Happy Pizza na rúa Ordóñez, Cafá Bar Scala na rúa Rosa Bahamonde, Viñoteca de García na rúa Seixas, La Gran Manzana no Paseo da Corredoira, o Novo Cabalo Furado na Praza do Concello e o Restaurante Val Remesal no Remesal.  

Carpa do Mercado SolidarioIgualmente durante este fin de semana está na Praza da Inmaculada a carpa do Mercado Solidario do Centro San Xerome, a Asociación de Discapacitados Vontade e a Asociación Avelaíña con pezas feitas polos usuarios destes tres colectivos.  
XI Feira de Artesanía

Lugar:rúa Ordóñez

 Data e hora: Sábado e domingo de 12 a 22h

Datos: 36 postos de artesanía

Actividades paralelas:-         

 Sábado 3

o        Ás 12h Inauguración e actuación do grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis

o        De 17.00 a 20.00h Obradoiros para nenos con Troula Animación

o        Ás 18h Grupo folclórico-         

Domingo 4

o        Ás 12h Actuación do grupo folclórico “San Fins” de Rebordáns

o        Ás 18h Actuación do grupo folclórico “Seixos Albos” de Areas

o        Ás 19h Espectáculo de rúa “Unha de piratas”

Organiza: Concellería de Cultura

Colabora: Asociación de Palilleiras do Baixo Miño  

II Rota do Pincho-         

Sábado e domingo -         

Participan

o       LA JAMONETA                                Av de portugal

o       BAR O ALBOIO                               Augusto Glez Besada

o       DON SANCHO                                Colón

o       CAFETERÍA SANTA COLUMBA       Foxo- Rosa Bahamonde

o       CAFÉ BAR METRO                         Irmáns Maristas

o       CAFETERÍA MONALISA                  Irmáns Maristas

o       HAPPY PIZZA                                Ordóñez

o       CAFÉ BAR SCALA                         Rosa Bahamonde

o       VIÑOTECA DE GARCÍA                  Seixas

o       LA GRAN MANZANA                      Paseo de Calvo Sotelo

o       O NOVO CABALO FURALO           Pza do Concello

o       RESTAURANTE VAL REMESAL     Remesal

-          Organiza: Concellería de Comercio e ACITUI