Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A entrega do premio Escola do Ano ao CRA Mestra Clara Torres será retransmitida mañá na web municipal

27/10/2021

Dende a web municipal do Concello de Tui, www.tui.gal, así coma dende a canle de Youtube do Concello, poderá seguirse mañá xoves, ás 13 h, o acto de entrega do Premio Escola do Ano que concede a Fundación Princesa de Girona ao Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui. As súas Maxestades os Reis, serán os encargados da entrega deste recoñecemento no Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.

Previamente os Reis, xunto a outras autoridades, entre elas o alcalde de Tui, visitarán as aulas de Baldráns e Pexegueiro do CRA Mestra Clara Torrres. Alí coñecerán directamente da man da comunidade educativa o traballo que realizan ao longo do ano e que foi merecedor deste galardón a nivel nacional.  A xornada poderá seguirse tamén a través da Radio Municipal de Tui.