Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En xaneiro comezará en Tui un novo curso de Deshabituación Tabáquica

16/12/2020

Nesta ocasión ofértanse só 8 prazas, debido ás medidas de prevención ante a COVID19

O departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, un curso de Deshabituación Tabáquica.

Vai dirixido a todas as persoas fumadoras, maiores de 18 anos, que desexen deixar este hábito. É un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono.

O curso dará comezo o 18 de xaneiro. Constará de 7 sesións, de hora e media de duración cada unha, en horario de tarde, que se celebrarán na Área Panorámica. Esta actividade brindará apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas.

As persoas interesadas poden inscribirse no correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Debido as medias de prevención ante a COVID19 o número de prazas queda limitado a 8 persoas participantes.