Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Disque Danza presente o venres en Tui "Menu vexetal"

3/04/2008

Disque Danza presenta o venres en Tui “Menú Vexetal” Será no Teatro Municipal ás 20h recomendada para un público familiar a partir de 5€

Mércores, 2 de abril. O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 20h, un espectáculo de danza-textual, “Menu Vexetal”, a cargo da compañía viguesa Disque Danza. A obra “Menu Vexetal” escrita por Paula Carballeira está dirixida por Carmela Bueno e Alfredo Rodríguez.

Sobre o escenario estarán catro bailarinas: Carmela Bueno, Olivia Maté, Leticia Alfaya e Olga Cameselle e unha actriz Nuria Guillón para, ao longo de 55 minutos, entreter ao público cun espectáculo no que convidan a mesturar sabores imposibles. Parten do cor verde para demostrar que está cheo de maxia e misterio, incluso cando se trata de comida, e levan aos nenos e maiores a un percorrido por un mundo no que todo é posible.

O vestiario foi feito por La Canalla e a escenografía corresponde a Javier Bello e Roberto Collantes. As entradas poranse á venda o venres ás 16.30h ao prezo de 3,5€, 2,5€ con desconto e 2€ os menores de 12 anos. A obra está recomendada a partir dos cinco anos.

Disque Danza con “Menu Vexetal”

Data: Venres 4 de abril ás 20h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Prezos: 3,5€ - 2,5€ con desconto – 2€ os menores de 12 anos

Recomendada: A partir de 5 anos