Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dezaseis cunchas de bronce sinalizan o Camiño Portugués dende a Ponte Internacional até a Veiga do Louro

16/08/2018

Tui foi en xullo o segundo lugar de partida de peregrinos cara Santiago

Dezaseis sinais de bronce coa forma dunha cuncha marcan o Camiño Portugués de Santiago dende a vella Ponte Internacional até a ponte na Veiga do Louro, ao longo seu percorrido polo centro urbano de Tui.  As cunchas foron cedidas polo S.A. Xacobeo e o Concello de Tui encargouse da tramitación da autorización ante Patrimonio e da súa colocación.

Precisamente durante o pasado mes de xullo Tui foi o Segundo punto de partida de peregrinos cara Santiago, con 4.035 persoas que elixiron á cidade para iniciar o seu Camiño. Deste xeito Tui sitúase por detrás de Sarria de onde partiron 12.898, e por diante de S. Jean Port con 3.912 persoas.  En xullo do ano pasado partiran de Tui 3.921 persoas cara Compostela.

Durante o mes de xullo chegaron a Santiago 50.868 peregrinos, segundo dos datos da Oficina de Peregrinacións, dos que o 20,09% fixeron o Camiño Portugués.

No que levamos de ano teñen saído de Tui un total de 10.860 peregrinos cara Compostela.