Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dende mañá unha asesora fiscal atenderá aos afectados de Paramos e Guillarei

6/08/2018

Estará no Centro de Afectados en Guillarei os martes e xoves 10 a 14h

Dende mañá unha asesora fiscal comezará a atender aos afectados de Paramos e Guillarei informándoos da repercusións fiscais que poden ter as axudas que poidan recibir tendo en conta a situación actual onde teñen que tributar por elas. Esta asesora fiscal estará os martes e xoves de 10 a 14h no Centro de Afectados en Guillarei. É recomendable que os veciños leven a última declaración da Renda ou documentación que acredite os seus ingresos.  Esta asesora fiscal non atenderá o martes 14 e o xoves 16 de agosto.

Por outra parte neste mes de agosto o Centro de Afectados cambia o seu horario e atende aos veciños de 9 a 14h de luns a venres. Alí continúa tamén os xoves de 9 a 14h o experto en seguros asesorando aos damnificados ante as súas compañías de seguro. Cómpre lembrar que deben levar a súa póliza.