Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases dunha praza dunha praza de técnico en orientación laboral

24/05/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA  XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

         En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime Local:

O Concello de Tui presentou, solicitude de subvención ao abeiro da Orde de data 31 de decembro de 2009, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvenciones para a realización de actividades de información, orientación, busca de emprego e captación de ofertas. Por Resolución de data 29 de abril de 2010 da Dirección Xeral de Formación e Colocación, resólvese conceder ao Concello de Tui, unha subvención para a realización de actividades de información, orientación, busca de emprego e captación de ofertas, ao abeiro da citada Orde de 31 de decembro de 2009.

En virtude do anteriormente exposto, esta Alcaldía-Presidencia RESOLVE, aprobar as seguintes:

 CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN,  ORIENTACIÓN, BUSCA DE EMPREGO E CAPTACIÓN DE OFERTAS.

Á vista da Orde de 31 de decembro de 2010 (DOG nº 13, de 21 de xaneiro de 2010), os criterios para a preselección e posterior contratación laboral temporal do/a mesmo/a serán os que seguen:

PRIMEIRA.­- O obxecto das presentes bases é proceder á preselección dunha persoa con título de diplomado ou licenciado universitario, para o desempeño do posto de Técnico para a realización das actividades de Información, Orientación, Busca de Emprego, e Captación de Ofertas.

SEGUNDA.­.-As retribucións serán as que figuran no Anexo á Resolución da Dirección Xeral de Formación e Colocación pola que se concede á entidade Concello de Tui unha subvención para a realización de Actividades de Información, Orientación e Busca de Emprego de data 29 de abril de 2010.

TERCEIRA.­- O contrato terá como duración máxima a que determina a devandita pola que se resolve conceder a subvención para a realización de accións de información e orientación profesional para o emprego, sendo a data máxima de remate das accións o 31 de xaneiro de 2011.

CUARTA.­- Serán requisitos imprescindibles:

  a) Ter a nacionalidade española, sen perxuizo do disposto no artigo 76 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do       Estatuto Básico do Empregado Público respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros Estados.

         b) Posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

         c) Ter cumplidos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

  d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ó acceso ó emprego público.

  e) Titulación esixida: titulación universitaria media ou superior.

  f) Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias, e ata o día seguinte ao prazo de  o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

QUINTA.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, ADMISIÓN DE ASPIRANTES  E TRIBUNAL AVALIADOR:

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

Xunto á instancia achegárase:

  *-Fotocopia do DNI.

  *-Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

  *-Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 4 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.   

  *-Coa solicitude deberán aportarse a documentación acreditativa dos méritos alegados, debidamente compulsados, que acrediten os méritos O méritos deberán estar suficientemente acreditados e os documentos haberán. Tódolos méritos deberán acreditarse necesariamente mediante a presentación dos títulos oficiais correspondentes e pola copia dos contratos e mais vida laboral debidamente documentada ou certificación de órgano competente que indique claramente as datas e denominación da actividade realizada. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados non serán obxecto de valoración por parte do Comité de Selección.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( www.concellotui.org ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

Así mesmo, rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto VI destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

          SEXTA.-PROCESO DE SELECCIÓN :

O proceso de selección será o de concurso-oposición.

FASE DE CONCURSO:

De conformidade co artigo 11 da Orde reguladora, serán requisitos imprescindibles para supera­la fase de concurso, ter unha titulación de grao medio ou superior e acadar unha puntuación mínima total de cinco puntos nos méritos, dos establecidos no baremo da orde reguladora da convocatoria.

A valoración dos méritos, realizarase de acordo co seguinte baremo:

A)    Titulación Académica: (puntuación máxima neste apartado 2,5 puntos).

Por ter a titulación preferente, 2,5 ou 2 puntos, segundo a titulación de que se trate.

Son titulacións preferentes que puntúan 2,5 puntos: Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía e Socioloxía.

Son titulacións preferentes que puntúan 2 puntos: Educación Social, Traballo Social, Diplomatura de Relacións Laborais ou Graduado Social.

Por ter outra titulación media: 1,00 puntos.

Por ter outra titulación superior: 1,50 puntos.

­     B) Formación complementaria: (puntuación máxima neste apartado 2 puntos).

       Por Másters, cursos, etc. en materias relacionadas coa ocupación, tales como: análise ocupacional, mercado de traballo, formación ocupacional, itinerarios formativos, técnicas de busca de emprego, técnicas de entrevista, orientación laboral, aplicación e valoración de probas psicotécnicas, técnicas de comunicación e valoración de probas psicotécnicas, técnicas de comunicación e motivación, adestramento en habilidades sociais, relacións laborais, traballo e dinámica de grupo, resolución de conflitos, etc, a puntuación será a seguinte: 0,1 puntos por cada 30 horas formativas.

­     C) Experiencia profesional: (puntuación máxima neste apartado será de 5 puntos).

      1.-Por cada mes realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado: orientación laboral/profesional, titorías laborais con persoas adultas, inserción laboral, etc.: 0,4 puntos por cada mes.

      2.-Por cada mes realizando tarefas técnicas indirectamente relacionadas co posto ofertado: 0,1 puntos por cada mes, puidendo os aspirantes acadar ata un máximo 2 puntos neste epígrafe concreto.

 A experiencia profesional deberá acreditarse a través de certificación oficial de vida laboral actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas, e IAE (alta e actualización) no caso de traballadores autónomos. Cando se trate de colaboración, bolsas, titorías, docencia, educación social ou servizos sociais, estes deberán acreditarse mediante certificación de organismos oficiais.

      D) Por outros méritos: (puntuación máxima neste apartado 0,50 puntos).

      D.1- polo CELGA 3 ou equivalente debidamente homologado 0,15 puntos.

      D.2- polo CELGA 4 ou equivalente debidamente homologado 0,25 puntos.

      D.3- por coñecementos de informática 0,25 puntos.

      No caso de que o candidato/a posúa os títulos Celga 3 e Celga 4, só se valorará o Celga 4. A estos efectos estarase, ademais, ó previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemetno da lingua galega (CELGA), e as súas equivalencias.

      En canto á informática, non serán valorados os cursos de academias privadas, agás que se amose a súa homologación polas Administracións Públicas.

Os méritos acreditaranse mediante a presentación no Rexistro Xeral do concello da documentación relativa ós mesmos, xunto coa instancia e da copia compulsada do DNI. Toda a documentación aportada deberá ser orixinal ou copia compulsada. Esta fase non terá carácter eliminatorio e a puntuación acadada por cada aspirante suporá o corenta por cento da puntuación máxima total a acadar polos mesmos.

FASE DE OPOSICIÓN:

a) primeiro exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico.

Consistirá en contestar por escrito a unha serie de preguntas ou cuestionarios de preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa establecido no anexo I da convocatoria, relacionadas cos aspectos do traballo a desenvolver (tarefas de información, orientación, busca de emprego e captación de ofertas), durante un periodo de tempo que será determinado polo tribunal antes do inicio deste exercicio. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo un mínimo de 5 puntos.

b) segundo exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio.

Rematado o exercicio práctico e nesta mesma sesión, realizarase unha proba escrita de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

           

         SETIMA.-SELECCIÓN DOS CANDIDATOS:

Rematado o proceso de selección, o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación propoñendo ó Sr. Alcalde para que  a súa vez propoña á Consellería de Traballo para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo e que terá a condición de candidato preseleccionado. O Tribunal realizará polo tanto, unha preselección do técnico, remitindo o candidato preseleccionado á Dirección Xeral de Formación e Colocación, co seu curriculum vitae suficientemente acreditado, para o seu visto e prace. Asemade, elaborará unha acta propoñendo ao candidato preseleccionado; esta acta de selección asinarase conxuntamente co representante da entidade colaboradora.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación citada o aspirante proposto deberá presenta-la documentación acreditativa dos requisitos correspondentes para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que sucederá igual no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc., utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

No suposto de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

OITAVA.-­ En todo aquello non previsto nestas Bases, os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora de contratos de obra ou servicio determinado de interese xeral, así como polas bases reguladoras da subvención e a resolución da concesión da mesma ó abeiro da orde de convocatoria de 30 de decembro de 2008, e outra normativa concordante.

ANEXO I: TEMARIO

  1. A Constitución Española de 1978: principios constitucionais; dereitos fundamentais e liberdades públicas.
  2. A Coroa. Atribucións segundo a Constitución.
  3. O Poder Lexislativo.As Cortes Xerais.Composición e funcións.Os regulamentos parlamentarios.Órganos de control dependentes das Cortes Xerais: Tribunal de Contas e Defensor do Pobo.
  4. O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e análise do seu contido.A Xunta de Galicia e o seu Presidente.
  5. O Goberno no sistema constitucional español.Composición.A Lei do Goberno.
  6. O Poder Xudicial. Regulación constitucional da xustiza. A Lei Orgánica do Poder Xudicial.Principios da organización xudicial.Órganos xurisdicionais.O Consello Xeral do Poder Xudicial.
  7. A Organización Territorial do Estado: Principios Constitucionais.As Comunidades Autónomas.Os Estatutos de Autonomía.Relacións entre o Estado e as Comunidades Autónomas.
  8. A Autonomía Local. Antecedentes históricos e doctrinais.Carta Europea de Autonomía Local.A Autonomía Local na Constitución.
  9. A Administración Pública no ordenamento español.Tratamento constitucional.A personalidade xurídica da Administración. Principios de actuación.A Administración Institucional: orixe, tipoloxía e réxime xurídico.
  10. O Réxime Local español. Significado e evolución histórica.Concepto. Evolución.Principios constitucionais do Réxime Local.Regulación legal.
  11. O municipio. Concepto.Elementos.A organización municipal. As competencias municipais.
  12. Funcionamento dos órganos colexiados locales. Réxime de sesións. Actos e acordos.Actas e certificacións.
  13. A función pública local.Clases de empregados públicos locais.Dereitos, deberes e situacións administrativas
  14. A Unión Europea: nacemento e fases da súa evolución. O tratado da Unión Europea. As institucións da Unión Europea.Organización e competencias.
  15. O Contrato de Traballo: Concepto. Elementos. Capacidad. Forma. Duración.
  16. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.
  17. Tipos e modalidades dos contratos de traballo.
  18. O salario. Concepto, estructura e clases. O Salario Mínimo Interprofesional. O Indicador Público de Rentas de Efectos Múltiples. Protección do salario.
  19. A orientación laboral e profesional. Principios basicos. Obxectivos. Tipos de accións e formas de acceso. Sistemas de Orientación. Os itinerarios persoais de inserción. Colectivos prioritarios na orientación laboral.
  20. A orientación e asesoramento para a busca de emprego. Técnicas e ferramentas. Recursos. A busca activa de emprego.
  21. O perfil do orientador laboral: perfil profesional e funcións.
  22. A entrevista ocupacional. Plan persoal de Empleo e Formación. Grupos de busca activa de emprego.
  23. Os itinerarios laborais. Os servizos de bolsa de emprego municipais.
  24. O servizo de emprego público de Galicia. Estructura. Funcións. Red Eures.
  25. Programas públicos de emprego e formación: Obxectivos e contido. Os Obradoiros de Emprego.
  26. Programas de colaboración da Comunidade Autónoma de Galicia coas Entidades Locais para a contratación de traballadores desempregados.
  27. Formacións para o emprego. Accións de formación dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas.
  28. O mercado de traballo. Políticas de Emprego. As axencias de colocación sen fins de lucro. As empresas de traballo temporal.
  29. A motivación laboral. Definición, teorías, proceso de motivación e técnicas.
  30. Os procesos de selección de persoal. Técnicas e instrumentos

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vinteun de maio  de dous mil dez.

      Visto e Prace

       O ALCALDE

            

       

 Nota: o prazo de matrícula remata o 28 de maio de 2010