Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases dunha praza de encargado de mantemento de informática

24/05/2010

 

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA  XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN ENCARGADO DE MANTEMENTO DE REDES E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS PARA O CONCELLO DE TUI.

I.-  OBXECTO DA CONVOCATORIA.

O obxecto das presentes bases é proceder á selección de dunha persoa para a súa contratación laboral temporal a tempo completo como encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas no Concello de Tui, levando a cabo entre outras as funcións de analise e programación de aplicacións, mantemento básico de hardware, instalación básica de equipos, sistemas e aplicacións, apoio aos usuarios, apoio na xestión de sistemas, redes, datos e seguridade dos sistemas informáticos do Concello, mantemento do sitio web do Concello, apoio no mantemento das aplicacións existentes, así como calquera outra tarefa que dentro da súa categoria lle sexa asignada.

II.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO.

O contrato de traballo será a tempo completo, cunha xornada de traballo de 37,5 horas semanais, a determinar según as necesidades do servizo. Os contrato rexerase pola normativa reguladora dos contratos laborais temporais de duración determinada a tempo completo e terán como duración máxima o 31/12/2010. A retribución bruta mensual será de 1.200 euros e incluirá salario e prorrateo de pagas extraordinarias.

III.- REQUERIMENTOS DOS ASPIRANTES.

Nas instancias solicitarase presentarse ó proceso selectivo do posto de traballo correspondente, facéndose constar que se reunen, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Posuir a titulación esixida: Titulación de ciclo formativo de grao superior, FP II ou equivalente na rama de informática. No obstante, admitiranse aspirantes que posuan titulación media ou superior na rama informática.

6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui,  durante o prazo de presentación de instancias e ata o día seguinte ao remate do mesmo, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

IV.- PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

Xunto á instancia achegárase:

  *-Fotocopia do DNI.

  *-Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

  *-Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 3 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.   

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( http://www.concellotui.org/ ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

V.- SELECCIÓN DOS CANDIDATOS.

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto VI destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

VI.- PROCESO DE SELECCIÓN: O procedemento de selección será o de oposición, e consistirá na realización dos seguintes exercicios, que serán realizados na mesma sesión:

a) Primeiro exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico.

Consistirá en contestar por escrito a unha serie de preguntas ou a un cuestionario tipo test, de preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa establecido no anexo I da convocatoria durante un periodo de tempo que será determinado polo tribunal antes do inicio deste exercicio. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo un mínimo de 5 puntos.

b) segundo exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter práctico.

Consistirá nunha proba de coñecemento práctico relacionada cos cometidos da praza e cos coñecementos teóricos que figuran no Anexo I desta convocatoria, e que será determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo, e realizarase no tempo que este determine. Este exercicio terá carácter eliminatorio e puntuarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminados todos aqueles aspirantes que non acaden un mínimo de 5 puntos.

c) terceiro exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio.

Rematado o exercicio práctico e nesta mesma sesión, realizarase unha proba de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

          VII.- CALIFICACIÓN FINAL.

A puntuación total do proceso selectivo será a suma  das cualificacións obtidas polos aspirantes nos distintos exercicios da fase de oposición. Rematada a selección o tribunal formulará unha proposta á Alcaldía co aspirante que obtivese a maior puntuación no proceso de selección, e que se publicará mediante anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello de Tui .

VIII.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

No prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello da relación citada o aspirante proposto deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos establecidos na base III para acceder ao posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que o aspirante escollido non aportara a documentación aludida ou de que durante o período de contratación quedara vacante ou fose necesario cubrir a praza temporalmente por baixa de calquera tipo, o Alcalde poderá contratar, coa forma legal de contrato apropiada, ao aspirante que superando o exercicio escrito, seguise en puntuación na relación citada e así sucesivamente. Nestes casos o novo aspirante á contratación terá que aportar a documentación no prazo de tres días hábiles a partir da notificación da súa proposta, e os requisitos esixidos entenderanse con referencia á data en que remata o prazo de presentación da documentación.

En caso de que quedara deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún á mesma, o Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario de conformidade coas presentes bases.

ANEXO I: TEMARIO ENCARGADO MANTEMENTO E REDES INFORMÁTICAS.

Tema 1.- Informática básica. Conceptos de datos e información. Concepto de sistema de información. Elementos constitutivos dun sistema. Características e funcións. Arquitectura de ordenadores. Elementos básicos. Funcións. A unidade central de proceso. A memoria principal.

Tema 2.- Arquitectura de ordenadores. Elementos básicos. Funcións. A unidade central de proceso. A memoria principal.

Tema 3.- Periféricos. Conectividade. Elementos de impresión. Elementos de almacenamento. Elementos de visualización e dixitalización.

Tema 4.- Estruturas de datos. Organizacións de ficheiros.Algoritmos. Formatos de información e ficheiros.

Tema 5.- Sistemas operativos. Características e elementos constitutivos. Sistemas Windows. Sistemas Unix e Linux.

Tema 6.- Dispositivos persoais de PC, Tablet PC, Pocket PC. A conectividade dos dispositivos persoais.

Tema 7.- Arquitecturas de almacenamento. Sistemas de almacenamento masivo. Sistemas NAS e SAN.

Tema 8.-  Linguaxes de programación.  Representación de tipos de datos. Operadores. Instrucións condicionais. Bucles  e recursividade. Procedementos,  funcións e parámetros. Vectores e rexistros. Estrutura dun programa.

Tema 9.-  Linguaxes de interrogación  de bases  de datos. Estándar ANSI SQL.

Tema 10.- Deseño e programación orientada a obxectos. Elementos: obxectos, clases, herdanza, métodos. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 11.- Linguaxe C e C++. Definición. Orientación. Características.

Tema 12.- Software de código aberto. Software libre. Conceptos base. Aplicacións entorno ofimática e servidores Web.

Tema 13.- Instalación e explotación de aplicacións informáticas. Compartición de datos.

Tema 14.- Paquetes de ofimática: aplicacións que o compoñen. Comandos e uso de elas.

Tema 15.- Sistemas de copia de seguridade, tipos, vantaxes e inconvenientes.

Tema 16.- Deseño de sistemas básicos de VoIP.

Tema 17.- Virtualización, descrición do proceso, vantaxes e inconvenientes.

Tema 18.- Administración do Sistema operativo e software de base.

Tema 19.-   Seguridade   en   redes.   Control   de   intrusos, cortalumes e DMZ

Tema 20.- Administración de redes de área local. Xestión de usuarios. Xestión de dispositivos.

Tema 21.- Conceptos de seguridade dos sistemas de información. Seguridade física. Seguridade lóxica. Ameazas e vulnerabilidades. Infraestrutura física dun CPD: acondicionamento e equipamento.

Tema 22.- Elementos de interconexión de redes. Concentradores, conmutadores, pasarelas.

Tema 23.- Administración e soporte de dispositivos PC. Instalación e configuración software. Instalación e configuración hardware.

Tema 24.- Internet, intranet, extranet: puntos en común e diferenzas.

Tema 25.- Internet. Orixe, evolución e estado actual. Servizos: correo electrónico, WWW, FTP, Telnet. HTTP

Tema 26.- Evaluación e mellora de prestacións nun sistema en rede. Técnicas e procedementos de medidas.

Tema 27.- Deseño de sistemas en rede local. Parámetros de deseño. Instalación e configuración de sistemas en rede local.

Tema 28.- Virus. Tipos. Medios preventivos e reactivos. Programas antivirus.

Tema 29.- Sistemas CRM e ERPs. Os sistemas de información xeográfica (SIG).Conceptos, funcionalidades básicas. Sistemas de xestión documental e de xestión de contidos.

Tema 30.- A sociedade da información. Lexislación sobre sociedade da información e firma electrónica. O DNI electrónico.

Tema 31.- A protección de datos persoais. A Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e   Normativa   en   Desenvolvemento.   Real   Decreto 1720/2007.   A   Axencia Española de Protección de Datos: competencias e funcións.

Tema 32.-  A  Lei  11/2007,  de  acceso  electrónico  dos cidadáns ós servizos públicos. A xestión electrónica dos procedementos administrativos: rexistros, notificacións e uso de medios electrónicos.

Tema 33.- A Constitución española de 1978. Principios xerais.  Dereitos  e  deberes  fundamentais  dos españois.

Tema 34.- Organización territorial do Estado: principios constitucionais. A Administración local. As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado. Elaboración. Contido. Reforma.

Tema 35.- A   Administración   pública   no   ordenamento español. Concepto e acepcións. Elementos. Regulación. Tratamento constitucional. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas. Principios de actuación na Administración pública: consideracións previas. Enumeración e exame de cada un.

Tema 36.- O acto administrativo. Concepto. Clases e elementos.Motivación e forma.

Tema 37.- O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo.

Tema 38.- Funcionamento dos órganos colexiados locales. Réxime de sesións. Actos e acordos.Actas e certificacións.

Tema 39.-  O Municipio.Concepto. Elementos. A organización municipal. Competencias Municipais.

Tema 40.- A Función Pública Local. Clases de persoal. Dereitos e deberes do persoal ao servizo da Administración Local.

          

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vinteún de maio de dous mil dez.

      Visto e Prace

       O ALCALDE

O prazo de matrícula remata o 28 de maio de 2010