Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases de tres prazas de operarioa para Pisicinas Municipais

24/05/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA  XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

 

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime Local:

RESOLVO: Aproba-los seguintes criterios para a contratación laboral temporal das persoas que a continuación se indican para o mantemento e outras actuacións na Piscina Municipal:

   -Un Operario de Mantemento das Instalacións da Piscina Municipal, a tempo completo, por un periodo máximo de 4 meses.

   -Dous Operarios de Mantemento e outras actuacións na Piscina Municipal, a tempo parcial (28 horas semanais), por un período máximo de 3 meses.

 

   I.- OBXECTO, DURACIÓN E NATUREZA DO CONTRATO: é a provisión de tres prazas de carácter laboral temporal para levar a cabo o mantemento e outras actuacións na piscina municipal do Concello de Tui durante a temporada estival 2010.

 

   II.- FUNCIONAMENTO E NATUREZA DOS TRABALLOS A REALIZAR CON CARGO Á DEVANDITA CONTRATACIÓN: As persoas contratadas deberá presta-los seus servicios de luns a domingo, tendo dereito á correspondente xornada de descanso así como os descansos establecidos na lexislación vixente, sen que en principio a xornada de descanso corresponda ós sábados, domingos e festivos, agás os turnos que se establezan.

As funcións a desenvolver serán entre outras as seguintes:

a)      Operario Mantemento Instalacións Piscina Muncipal: mantemento básico e pequenas reparacións das Instalacións da Piscina Municipal, realización da analise dos parámetros da calidade sanitaria da auga, control da filtraxe e depuración da auga dos vasos, aplicación dos productos de control sanitario da calidade da auga que estableza a normativa vixente, así como calquera  outra actuacións precisa que, para o correcto funcionamento do servizo, se lle encomende.

b)      Operarios de Mantemento e Outras actuacións: atención da taquilla da piscina municipal, tarefas de limpeza das instalacións así como calquera outra actuación precisa que, para o correcto funcionamento do servicio, se lle encomende.

   As retribucións serán as seguintes:

   -A tempo completo: 689,04 €  mensuais brutos,  incluído prorrateo pagas extras.

   -A tempo parcial: 439,58 € mensuais brutos, incluído prorrateo pagas extras.

 

   III.- REQUERIMIENTOS DOS ASPIRANTES:

Nas instancias solicitarase presentarse ó proceso selectivo do poso de traballo correspondente, facéndose constar que se reúnen, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

         1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Estar en posesión da titulación esixida: certificado de escolaridade ou equivalente.

6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

          IV.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

Xunto á instancia achegárase:

  *-Fotocopia do DNI.

  *-Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

  *-Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 2 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.   

  *-Coa solicitude deberán aportarse a documentación acreditativa dos méritos alegados, debidamente compulsados, que acrediten os méritos O méritos deberán estar suficientemente acreditados e os documentos haberán. Tódolos méritos deberán acreditarse necesariamente mediante a presentación dos títulos oficiais correspondentes e pola copia dos contratos e mais vida laboral debidamente documentada ou certificación de órgano competente que indique claramente as datas e denominación da actividade realizada. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados non serán obxecto de valoración por parte do Tribunal de Selección.

Cada unha das categorias convocadas esixirá a  presentación de instancia independente e o abono das tasas corespondentes a cada categoría.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( www.concellotui.org ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

 

V.-SELECCIÓN DOS CANDIDATOS:

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto VI destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

                                                                                                                         

VI.-PROCESO DE SELECCIÓN:

 

Fase de Méritos: (A puntuación máxima deste apartado será de 4 puntos, e suporá o corenta por cento da puntuación total do proceso de selección)

En primeiro lugar o tribunal procederá a avaliar os méritos aportados polos aspirantes conforme o seguinte baremo:

Experiencia profesional:

   -Por cada mes efectivo de traballo nun posto de traballo semellante co obxecto do contrato: 0,20 puntos por mes completo.

   Acreditarase convenientemente pola copia dos contratos e vida laboral debidamente documentada ou certificación do órgano competente que indique con claridade a experiencia profesional no posto de traballo semellante o obxecto do contrato.

 

Fase de Oposición: (A puntuación máxima nesta fase suporá o sesenta por cento da puntuación total do proceso de selección).

Os exercicios, a realizar na mesma sesión, sendo diferentes para cada unha das categorias convocadas (operario de mantemento de instalacións a tempo completo e operarios de mantemento e outras actuacións), serán os seguintes:

a) Primeiro exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico.

Consistirá en contestar por escrito a unha serie de preguntas ou a un cuestionario tipo test, de preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa establecido no anexo I da convocatoria durante un periodo de tempo que será determinado polo tribunal antes do inicio deste exercicio. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo un mínimo de 5 puntos.

c) segundo exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio.

Rematado o exercicio práctico e nesta mesma sesión, realizarase unha proba de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

 

VII.-CALIFICACIÓN FINAL  E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

Rematadas a avaliación de méritos e a proba o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación total  de méritos e proba, propoñendo ó Sr. Alcalde para a súa contratación á primeira persoa,  e as dúas primeiras que encabecen as relacións de cada unha das categorias convocadas neste proceso de selección, e dicir, un operario de mantemento das instalacións e dous operarios de mantemento e outras actuacións, respectivamente.

 

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello das relacións citadas ós aspirantes propostos deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinaladas nesta Base para acceder ós postos de traballo, e realizalo curso preceptivo de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

 

No caso de que as persoas seleccionadas non reunisen os requisitos necesarios para a contratación poderán ser substituídas pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que sucederá igual no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc., utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

 

No caso de quedar desertos os procesos selectivos por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. alcalde queda autorizado a convocalos novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

 

En todo o non previsto por estas Bases os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora de contratos laborais temporais".

 

 

ANEXO I: TEMARIO

 

Tema 1.- O municipio. Órganización e funcións. O Alcalde, Pleno, Xunta de Goberno Local.

Tema 2.- As competencias municipais.

Tema 3.- Dereitos e deberes do persoal ao servizo da Administración Local.

Tema 4.- O estatuto do veciño. Os dereitos e deberes do veciños no ámbito local. Información e participación cidadá. Atención ao público: acollida e información.

Tema 5.- Conceptos xerais, útiles e ferramentas básicas de carpintería, electriciedade e fontanería. Limpeza, mantemento e conservación de edificios.

Tema 6.- Nocións fundamentales de aritmética. Coñecementos xerais de ortografía.

Tema 7.- Regulamento sanitatio de piscinas de uso colectivo de Galicia I: Definición de Piscina. Clases de Piscinas.Características dos vasos e das instalacións do seu entorno. Trampolines e deslizadores. Instalacións Complementarias.

Tema 8.- Regulamento sanitario de piscinas de uso colectivo de Galicia II: Persoal encargado da vixiancia e servizo nas piscinas. Socorrismo e Enfermaría. Calidade e Tratamento da auga das Instalacións das Piscinas de uso colectivo. Autorizacións, control e inspeccións sanitarias.

Tema 9- Coñecemento do termo municipal: toponimia e rueiro do Concello de Tui. Lugares de interese histórico e turístico. Principais edificios públicos.

Tema 10- Seguridade e hixiene no traballo. Dereitos dos traballadores frente aos riscos laborais. Obrigas dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais. Os equipos de traballo individual.

 

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vinteun de maio  de dous mil dez.

 

       Visto e Prace

       O ALCALDE

 Nota:o prazo de matrícula remata o 28 de maio de 2010