Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases de catro prazas de auxiliar de policia local

24/05/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA  XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

 

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.- De conformidade coas atribucións que me confire a lexislación vixente en materia de Réxime Local,

RESOLVO:      

Aproba-los seguintes criterios para a contratación laboral temporal de CATRO PRAZAS DE AUXILIAR DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE TUI,

 

1.Disposicións comúns.

 

1.O obxecto das presentes bases e convocatoria persegue a contratación laboral temporal de catro auxiliares da policía local, xustificada nas necesidades de servizo expostas na Providencia da Alcaldía, de data 20/05/2010 aos efectos do cumprimento do establecido no artigo 95 da Lei 4/2007 do 20 de abril de coordinación de policias locais.

2.- A duración do contrato será como máximo de catro meses dende o inicio do mesmo previsto para o vindeiro 01/07/2010.

3.- A retribución bruta mensual do posto será de 813,69 euros, incluindo salario e prorrateo de pagas extraordinarias.

4.- Os aspirantes deberán estar en posesión dos requisitos esixidos nas presentes bases e conservalos ata o remate da vixencia do contrato.

 

2.Selección e requisitos para participar.

 

A selección realizarase atendendo os principios de igualdade, mérito, capacidade e oportunidade promovendo a selección entre tódolos candidatos que se presenten para cubrilas vacantes dentro do prazo de presentación de solicitudes e que cumpran as condicións esixidas na presente convocatoria.

Requisitos esixidos:

a)Ter a nacionalidade española sin perxuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

b)Ter mais de 18 anos e non ter cumpridos os 58 anos de idade.

c)Ter unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

b)Estar en posesión da certificación de ter superado a ensinanza secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou formación profesional de primeiro grado ou equivalente.

c) Posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas de auxiliar de policia local. O cumprimento deste apartado se acreditará polos aspirantes que resulten seleccionados a través do correspondente certificado médico oficial.

d)Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais o estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empleos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcions similares as que se desempeñaban no caso de persoal laboral , no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse separado ou inhabilitado ou en situación equivalente ninter sido sometido a sanción disciplinaria equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos términos o acceso ó emprego público.

e) Será requisito indispensable estar en posesión do curso teórico-práctico de Auxiliar da Policia Local impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública, en vigor ou deberán presentar compromiso de realizar o devandito curso de auxiliar na vindeira convocatoria que se celebre, (artigo 95.6 da citada Lei, e artigo 48.2º do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

f) Ter ingresado na conta da Tesourería Municipal o importe correspondente por dereitos de exame, durante o prazo de presentación de instancias.

 

3. Presentación de solicitudes.

 

A convocatoria publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e nun dos diarios de maior tirada de Galicia podendo presentalos interesados as súas solicitudes no prazo de 5 días hábiles, contados dende ó seguinte á aparición do anuncio no medio de prensa, no Rexistro de Entrada do Concello de Tui en horario de 8 á 14 horas os días hábiles, agás o sábado que será de 9 a 13 horas. Poderánse presentar de conformidade co disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992. En todo caso,  a presentación de instancias fora do rexistro xeral precisarán  notificación da solicitude vía fax ao nª 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación.

Xunto coa instancia deberá de acompañarse fotocopia do D.N.I e xustificante de ter aboado os dereitos de exame, así como fotocopia compulsada do Curso Básico de Auxiliares de Policia Local en vigor ou compromiso de realización do mesmo na Academia Galega de Seguridade Pública na vindeira convocatoria que se celebre con anterioridade ao inicio do contrato.

 

4.Listas de admitidos e composición do Tribunal cualificador.

 

PUBLICIDADE DA LISTA DE ADMITIDOS: Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( www.concellotui.org ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios que se realizarán en unidade de acto, tendo que vir os aspirantes admitidos provistos do DNI.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

A selección do persoal se levará a cabo por un Tribunal cualificador conformado segundo o disposto no artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril.          

Os membros do tribunal serán nomeados cos seus respectivos suplentes, séndolles de aplicación as causas de recusación de aplicación as causas de recusación e abstención previstas na Lei de Procedemento Administrativo.

O Tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas e adoptar as decisión que estime axeitadas en orde o axeitado desenvolvemento do proceso.

 

5.Procedemento de selección: Sistema de quenda libre e procedemento de oposición.

 

A)    PROBAS SELECTIVAS:

 

 De acordo co previsto no artigo 47 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro e na Orde de 28 de xaneiro de   2009 da Consellería de Presidencia, Admnistracións Públicas e Xustiza, as probas para a selección son as que se describen a continuación:

 

A.1. Comprobación da estatura e probas de aptitude física.

-Comprobación da estatura.

Ao comezo realizarase o control da estatura dos/as aspirantes. Os mínimos son os que rexen para o ingreso nos corpos de policía local: 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

 

-Probas físicas.

As probas físicas cualificaranse de apto/non apto. Para obter a cualificación de apto os aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba.

 

A.1.1. Potencia tren inferior: salto vertical.

Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede vertical e lisa.

O aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente estendido cara a arriba e sen levantar os calcañares do chan, e marcará coas dedas a altura que alcanza nesa posición. O exercicio executarase, separándose 20 centímetros da parede e saltando tan alto como poida, marcando novamente coas dedas o nivel alcanzado.

Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras:

-Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode separar do chan ningunha parte dos pés antes de saltar.

-Hai que realizar o salto cos dous pés ao mesmo tempo.

-Permítense dous intentos, só aos aspirantes que fagan nulo no primeiro.

A distancia entre a marca feita desde a posición de partida e a acadada co salto deberá ser igual ou superior á mínima (en centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade.

 

 

18-36 anos

37-48 anos

49 anos ou mais

HOMES

41 cm

33 cm

29 cm

MULLERES

32 cm

28 cm

25 cm

 

 

A.1.2. Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo. O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase en pé. Só se permite un intento. O/a aspirante que abandone a carreira quedará excluído.

A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo e grupo de idade:

 

 

18-36 anos

37-48 anos

49 anos ou mais

HOMES

4'30''

5'00''

5'15''

MULLERES

5'00''

5'30''

5'45''

 

2. Proba de coñecementos.

 

A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar o dominio dos contidos do temario que se inclúe no anexo I desta convocatoria.

 

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización.

 

A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N= (A-F/3)/5.

 

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas erradas ou non respostadas.

 

3. Proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local.

O órgano de selección someterá aos/ás aspirantes a unha proba para determinar o seu nivel de coñecemento sobre as características propias do concello de Tui e a toponimia local. Cualificarase de cero a tres puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha puntuación de un con cinco puntos para superala.

 

4. Coñecemento da lingua galega.

O tribunal valorará o nivel de coñecemento da lingua galega dos/as aspirantes, mediante unha proba que se cualificará de cero a tres puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha puntuación de un con cinco puntos para superala.

 

6.Calificación final.

 

Rematada a selección  e establecida a puntuación final de cada aspirante o Tribunal aprobará a relación de aspirantes aprobados e por orde decrecente, propoñendo ó Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que obtivese a nota mais alta.

 

7.Formalización do contrato.

 No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello da relación, os aspirantes propostos deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

Segundo prescribe o artigo 95 da Lei 4/2007 de 20 de abril, deberá darse conta desta contratación a consellería competente en materia de seguridade.

No caso de que o aspirante escollido non aportara a documentación aludida ou de que durante o período de contratación ou de calquera das súas probas a praza quedara vacante ou fose necesario cubrila temporalmente por baixa de calquera tipo, o Sr. Alcalde poderá contratar, coa forma legal de contrato apropiado, ó aspirante que seguise en puntuación na relación citada e así sucesivamente. Nestes casos o novo aspirante á contratación terá que aporta-la documentación, no prazo de cinco días hábiles a partir da notificación da súa proposta, e os requisitos esixidos entenderanse con referencia á data que remate o prazo de presentación da documentación.

  En caso de que quedara deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún á mesma, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario de conformidade coas presentes bases.

 En todo o non previstos nestas Bases os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora dos contratos temporais de duración determinada".

 

ANEXO I: TEMARIO

 

1. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

2. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

3. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

4. Lei de coordinación das policias locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

5. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

6. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

7. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices.

8. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

9. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

10. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.

11. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro obrigatorio.

12. A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidade e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vinteun de maio  de dous mil dez.

       Visto e Prace

       O ALCALDE

 

Nota:  O prazo de matrícula é de 5 días hábiles e remata o 28 de maio de 2010