Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Conselleria de Cultura e Deporte licita a reparación e consolidación da Ponte da Veiga

6/11/2006

O Diario Oficial de Galicia do lúns día 6 de novemebro de 2006 publica a seguinte disposición:

CONSELLERÍA DE CULTURA
E DEPORTE
Resolución do 30 de outubro de 2006 pola
que se anuncia a licitación, mediante procedemento
aberto por concurso e trámite
urxente, do contrato de obras para a reparación
e consolidación da Ponte da Veiga.
Tui (Pontevedra), cofinanciado con fondos
comunitarios.
A Consellería de Cultura e Deporte, unha vez cumpridos
os trámites administrativos correspondentes,
resolveu anunciar o concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura e Deporte.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría
Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obras.
b) Descrición do obxecto: reparación e consolidación
da Ponte da Veiga. Tui (Pontevedra).
c) Prazo de execución: catro (4) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: douscentos mil euros (200.000 euros)
IVE incluído, cofinanciado con fondos comunitarios,
75% programa Traslatio II-Interreg III-A, 25% FCI.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información: o
prego de cláusulas administrativas particulares e o
proxecto de obras poderán ser examinados no Servizo
de Obras e Contratación (teléfono 981 54 48 23)
da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e
Deporte durante o prazo de presentación de proposicións,
desde as 9.00 ás 14.00 horas, e solicitarse
no teléfono 981 58 89 38.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta
contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N= 7366
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo
7, categoría d.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00
horas do décimo terceiro día natural contado a partir
do seguinte ao da publicación desta resolución no
DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a esixida
na cláusula 2.5 do prego de cláusulas administrativas
particulares.
c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase
no rexistro xeral da Consellería de Cultura
e Deporte, en sobres pechados en horario de 9.00
a 14.00 horas, agás no caso de presentar a proposición
en sábado, que haberá que dirixirse ao
rexistro que a Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza ten nos servicios centrais.
Se as proposicións se cursan por correo haberá
que aterse ó previsto na cláusula 2.4 do prego de
cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das proposicións.
a) Entidade: Consellería de Cultura e Deporte (sala
de xuntas), San Caetano s/n, Santiago de Compostela.
b) Data e hora: a partir das 11.00 horas do oitavo
día natural seguinte ao do remate do prazo de admisión
de proposicións. No caso de que coincida en
sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil
seguinte.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2006.
P.D. ( Orde 27-9-2005)
Carlos Amoedo Souto
Secretario xeral da Consellería de Cultura e
Deporte