Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto conmemorativo sobre Albeniz de Tomas Camacho o lúns na Catedral de Tui

15/05/2009

Será o luns, 18 de maio, ás 21h

Tomás Camacho ofrece un concerto na Catedral co gallo do centenario do pasamento de Isaac Albéniz

Está organizado pola Asociación Amigos da Catedral coa colaboración da Concelleria de Cultura de Tui

 

A Catedral de Tui acolle o próximo luns, 18 de maio, ás 21h, un concerto Homenaxe a Isaac Albéniz, coincidindo co centenario do seu falecemento.  Con este evento musical a cargo de Tomás Camacho a Asociación Amigos da Catedral rende homenaxe a este importante compositor da historia da Música Española.

 

O programa do concerto é o seguinte:

 

1ª Parte

 

Isaac Albéniz

Rumores de la Caleta (Malagueña)

Tango

Malagueña Op.165

Granada

Torre Bermeja

Leyenda (Asturias)

 

2ª Parte

 

Isacc Albéniz

Mallorca (Barcarola)

 

Enrique Granados

Danza Española nº5 (Andaluza)

Danza Española nº 10 (Melancólica)

Danza Española nº 4 (Villanesca)

 

Isaac Albéniz

Cataluña

Sevilla