Concentración en repulsa do feminicidio de Mónica Marcos Piñeiro
17/09/2021
O Concello de Tui súmase á convocatoria do conxunto do movemento feminista galego e convoca unha concentración para mañá sábado, 18 de setembro, ás 20 h na Praza da Inmaculada en repulsa do feminicidio de Mónica Marcos Piñeiro, de 52 anos, na Coruña.