Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concellería de Cultura convoca un concurso para a elección do cartel das festas de San Telmo 2009

10/02/2009

 

A CONCELLERÍA DE CULTURA CONVOCA UN CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN TELMO 2009

 

A Concellería de Cultura do Concello de Tui, coa colaboración da Comisión de Festas, convoca un concurso para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2009.

A persoas interesadas en participar neste certame teñen de prazo ata o vindeiro día 4 de marzo para enviar ou entregar os traballos nun soporte ríxido, coa finalidade de organizar unha exposición pública dos mesmos. Nas bases establécese un único premio de 500 euros.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con este certamen pretendese dotar dunha imaxe máis moderna e artística ao cartel das festas patronais tudense, ao tempo que favorecer a creatividade de artistas e deseñadores tanto tudenses como foráneos. Engade Rodríguez Pérez que confia nunha alta participación.

A convocatoria deste concurso é unha das novidades que promove a Concellería de Cultura nas súas achegas as festas patronais xunto coa semana de teatro afeccionado que desenvolverase na semana grande das festas de San Telmo.

As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org.