Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria da Muller convoca o II Concurso Literario contra a violencia de xénero

30/10/2006

Co obxecto de darlle continuidade ao CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO que levamos a cabo o ano pasado e que tivo unha boa acollida en canto a participación, a Concellería da Muller do Concello de Tui pon en marcha o II CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO que se levará a cabo ao longo deste mes de novembro, coincidindo co día 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

II CONCURSO LITERARIO “CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

BASES

1- Poderá participar, gratuitamente, calquera persoa sen distinción de idade, presentando un só relato, o cal non fora premiado noutro concurso, certame ou premio literario, nin que aparecera publicado en ningún outro medio.

2- Os traballos deberán ser relatos breves, contos, ensaios, sendo a extensión máxima de 10 folios Din A4 por unha soa cara. Os relatos estarán escritos en lingua galega.

3- O tema versará sobre a “Violencia de xénero”.

4- Os traballos presentaranse, nun sobre pechado, especificando no seu exterior “Concurso literario contra a violencia de xénero” que poderá ser entregado directamente na oficina ou ser enviado por correo ao *Concello de Tui. Os traballos non estarán firmados, e xunto a eles presentarán un folio, a parte, coa seguinte información: nome e apelidos, fotocopia do DNI, dirección e número de teléfono.

5- A data tope para a entrega dos relatos será o día 23 de novembro de 2005.

6- O xurado estará composto por profesionais do periodismo e da literatura. O xurado poderá deixar deserto o premio. A súa decisión será inapelable.

7- Os traballos dos participantes quedaran no poder do Concello de Tui, que se reserva o dereito de publicalos ou difundilos .

8- A dotación do premio será de 300 € en metálico.

A presentación do premio implica a total aceptación das súas bases. O incumprimento de calquera das anteriores condicións excluirá automaticamente ao participante do premio.