Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Case 19.500 persoas pasaron en xuño e xullo pola Oficina Municipal de Turismo de Tui

7/08/2018

Son 3.300 persoas máis que no mes período do ano pasado.

Durante os meses de xuño e xullo pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui 19.467 persoas demandando información. Foron 3.392 persoas máis que no mesmo período do ano pasado cando se achegaran ata os puntos de información 16.075 turistas e peregrinos.

Durante o mes de xullo na Oficinal Municipal de Turismo rexistráronse 7.684 turistas  e 4.393 peregrinos. O día de maior afluencia foi o sábado 21 de xullo cando se realizaron 960 consultas, seguido do martes 24 de xullo con 833.

No turismo nacional no mes de xullo a principal procedencia foi Madrid con 1.473 persoas que nese mes pasaron pola Oficina Municipal, seguida de Barcelona con 396 demandas de información, e Valencia con 344 consultas, e houbo turistas de todas as provincias españolas. Xa no que se refire ao turismo internacional houbo visitantes de ata 32 países distintos. A procedencia maioritaria foi de Portugal, con 137 consultas, Alemaña con 127 e Reino Unido con 50, pero tamén houbo turistas de Nova Zelanda, China, Venezuela ou Porto Rico.

No tocante aos peregrinos que en xullo se achegaron ata a Oficina Municipal de Turismo dos 2.355 nacionais a principal procedencia foi Madrid con 415, Granada con 242 e Albacete con 184. Os peregrinos internacionais, 2.038, chegaron principalmente de Portugal (513), Alemaña (356) e Italia (229)

Mentres en xuño achegáronse ata a Oficina Municipal de Tui 7.390 persoas das que 4.004 eran turistas e 3.386 peregrinos.

A Oficina Municipal de Turismo está situada na praza de San Fernando. Abre de 9 a 14 e de 15 a 20h de luns a domingo.