Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A casa do concello iluminarase esta noite de verde con motivo do Día Mundial da Enfermidade de Perthes

16/01/2021

Mañá domingo, 17 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Enfermidade de Perthes. Con este motivo e para visibilizar esta enfermidade rara a casa do concello de Tui vaise iluminar de verde, respondendo así a solicitude realizada dende a Asociación de Familias con Perthes, ASFAPE.

Desde xeito o concello de Tui súmase a esta xornada que ten por obxectivo concienciar sobre esta enfermidade que afecta á cabeza do fémur, e que aparece na infancia.