Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cantos Somos gaña no Entroido de Tui cunha recreación das festas de San Bartolomeu de 1978

25/02/2020

A estrea de Aladdin de Pexegueiro gañou o premio en Carrozas, Cantos en Acompañamento Musical e Terra de Condes en Fantasía

A recreación das festas de San Bartolomeu do ano 1978 realizado pola comparsa Cantos Somos é a gañadora do desfile concurso de Entroido en Tui.  Unha comparsa que levou tamén o primeiro premio en acompañamento musical pola súa emulación da orquestra Iberia. Amais as carrozas que presentaron coa igrexa, o palco e o cruceiro de San Bartolomeu, e outros elementos da parroquia, valeulles o terceiro premio en carrozas.

A estrea da película Aladdin foi o tema elixido pola comparsa da Asociación Entroido de Pexegueiro que foi a gañadora en carrozas coa súa creación dunha lámpada co xenio. Amais foron os segundos na categoría absoluta e tamén en acompañamento musical.

O terceiro premio na categoría xeral foi para “Picoña por España” da Asociación Cultural En Loureiro Coma Sempre de Salceda que gañou tamén o segundo premio en carrozas.

O premio na categoría de Fantasía foi Terra de Condes de Redondela cunha recreación inspirada no fondo mariño.

Miles de persoas ateigaron hoxe as rúas de Tui para presenciar o desfile concurso no que participaron finalmente un total de 12 comparsas.

Premios categoría absoluta

  1. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
  2. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
  3. Picoña Por España da Asociación Cultural En Loureiro Como Sempre de Salceda
  4. O Cabaleiro Das Rotondas – As Dúas Torres da Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas
  5. Comparsa O Borralliño-Soutelo da Asociación Cultural Borralliño-Soutelo
  6. A Raíña Da Noite da Asociación O Millor de Cada Casa de Vincios
  7. Comparsa Terra de Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes

Premios Carrozas

  1. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
  2. Picoña Por España da Asociación Cultural En Loureiro Como Sempre de Salceda
  3. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
  4. A Raíña Da Noite da Asociación O Millor de Cada Casa de Vincios
  5. Comparsa O Borralliño-Soutelo da Asociación Cultural Borralliño-Soutelo
  6. Comparsa Terra De Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes

Premios Acompañamento Musical

  1. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
  2. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
  3. O Antigo Exipto De Tui (Os Faraóns De Tui) da Asociación Cultural Lembranzas Da Terra De Guillarei
  4. O Cabaleiro Das Rotondas – As Dúas Torres da Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas

Premios Comparsas Fantasía

  1. Comparsa Terra De Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes