Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A candidatura Tui finalista para entrar na Red de Juderías de España

16/01/2019

Tui finalista á entrar na Rede de Xuderías de España

A candidatura da cidade de Tui é unha das finalistas para entrar na Red Juderías de España. Así o ten comunicado ao alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a presidenta da Rede de Juderías e alcaldesa de Hervás, Patricia Valle Corriols nunha carta. Na mesma indícase que tras a defensa do proxecto presentado polo Concello de Tui realizada a semana pasada polo alcalde e o historiador tudense, Suso Vila, a Comisión de Adminisión de Novas Cidades elixiu a candidatura tudense coma finalista. 

Segundo o establecido nas bases de "Criterios de adminisión e protocolo de actuación para a aceptación de novas cidades á Red de Juderías de España Caminos de Sefarad"  completarase o proceso cunha visita institucional, antes do 6 de marzo, á cidade de Tui por parte dunha delegación da Red. A decisión final sobre a inclusión de Tui na Red de Juderías coñecerase a mediados de marzo tras a reunión da Asemblea. 

Ruta Xudía de Tui

Folleto turístico Ruta Xudía de Tui

Folleto turístico Criptoxudaísmo e Inquisión en Tui