Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cambio de sentido da circulación na rúa Ordoñez

24/01/2008

Cambio de sentido da circulación na rúa Ordóñez

    Dende onte ao mediodía a rúa Ordóñez cambiou de sentido de circulación volvendo ao que tiña hai un par de anos. Deste xeito é dirección prohibida acceder a esta rúa dende o Paseo da Corredoira e o Cantón de Diomedes.

    Con este cambio de sentido ao final do Paseo da Corredoira a altura dos soportais pódese xirar en ambos sentidos, tanto á dereita cara á rúa Coruña coma á esquerda cara a rúa Ordóñez. O obxectivo é dar máis fluidez á zona segundo onte á tarde explicaba o Concelleiro de Tráfico, Antonio Castro, á Radio Municipal de Tui, ao tempo que beneficia tamén ao comercio da zona.

Tomado de wwww.galiciasuroeste.info