Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bstudio presenta en Tui “De Meu” o venres ás 21.30h no Teatro Municipal

20/11/2008

Bstudio presenta en Tui "De Meu"

É un espectáculo de danza contemporánea que reflexiona sobre o papel da muller

 

Mércores, 19 de novembro de 2008.  O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30h, un espectáculo de danza contemporánea "De Meu" a cargo da compañía Bstudio de Santiago de Compostela.

 

Esta compañía compostelá segue centrando a súa obra no papel da muller coma fixo xa nos seus anteriores espectáculos. Baixo a dirección de Dolores Mayán Ballet Studio reflexiona sobre os distintos roles da muller na sociedade, e os estereotipos nos que aínda permanece atrapada.

 

Sobre o escenario están catro bailarinas Emilia Pardo, Natalia Iglesias, Vanesa Otero e Celia Mayer, que bailan, interpretan e dialogan entorno ao xénero feminino. O deseño da iluminación foi realizado polo do galego Paco D'Pink.

 

En "De Meu" Ballet Studio ofrece unha visión irónica da realidade, exposta ao través do constante xogo de relacións entre os diferentes elementos que configuran a linguaxe escénica.

 

Neste espectáculo Bstudio continua na liña iniciada nas anteriores montaxes, "Quid est mulier?" e "O que viven as rosas", onde baila contando historias de mulleres.

 

A cita será este venres, 21 de novembro, ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. As entradas poranse á venda ás 20h ao prezo de 4,5€, 3,5€ con desconto, e 2,5€ para os menores de 14 anos.

 

Bstudio con De Meu

Data: Venres  21 de novembro ás 21.30h

Lugar: Teatro Municipal de Tui, rúa Colón nº2 de Tui

Venda de Entradas: hora e media antes da función

  no despacho de billetes de Área Panorámica

Prezos: 4,5€ - 3,5€ con desconto - 2,5€ menores de 14 anos