Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bookcrossing na festas de San Telmo co gallo do Día do Libro

22/04/2019

Proseguen as actividades infantís, o cinema e o grupo Atalaia estrea “Nin fé nin café”

Mañá martes, 23 de abril, Día do Libro, está prevista unha actividade de bookcrossing no conxunto histórico de Tui ao longo de todo o día. Liberaranse polas distintas rúas libros de diferentes temáticas.

A partir das 11 h na Área Panorámica, con entrada pola porta 5, continúan as actividades infantís  para nenos e nenas de 5 a 16 anos. Os cativos e cativas deseñarán, personalizarán e colorearán as súas propias chapas.

Mañá ás 16.30 h terá lugar a proxección da película “Bebé Jefazo” dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.

Ás 17 h a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará na Residencia San Telmo.

Na segunda xornada da XI Semana de Teatro Amado ás 21 h no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui estrea a comedia “Nin fe nin café”.  As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.

Tui – Festas de San Telmo

Martes 23

  • Todo o día No conxunto histórico realización de bookcrossing co gallo do Día do Libro
  • 11.00-13.00h No edificio da Área Panorámica (porta 12) actividades infantís *Entrada libre até completar capacidade.
  • 16.30h-18.10h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil “Bebé jefazo” con En Un Tris Trás - *Entrada libre até completar capacidade.
  • 17.00h-18.00h Na Residencia San Telmo actuación da Coral Centro Sociocomunitario de Tui.
  • 21.00h-22.00h No Teatro Municipal XI Semana de Teatro Amador San Telmo co grupo de teatro Atalaia do Centro Social de Tui. Estrea de “Nin fe nin café” – *Entrada 1,5 €.