Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal tudense recibe, por cuarto ano consecutivo, un dos premios "María Moliner" do Ministerio de Cultura

12/11/2009

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RECIBE POR CUARTO ANO CONSECUTIVO UN DOS PREMIOS "MARIA MOLINER" DO MINISTERIO DE CULTURA

 

Martes, 10 de novembro de 2009. A Biblioteca Pública Municipal de Tui ven de recibir, por carto ano consecutivo, un dos premio "María Moliner" ao abeiro da convocatoria efectuada para as bibliotecas municipais das entidades locais menores de 50.000 habitantes convocado polo Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-Cola España.

 

Este premio consiste nun lote de mais de 200 obras que incrementarán a oferta bibliográfica da nosa Biblioteca e que axiña estarán a disposición dos nosos usuarios. A Biblioteca tudense foi unha das 350 de toda España galardoada cun destes premios nesta convocatoria correspondente ao ano 2009; compre subliñar que foron  753 os proxectos presentados a esta convocatoria.

 

O proxecto "Un río de libros e de actividades" presentado pola Biblioteca Municipal tudense no que se recollían as actividades desenvolvidas por este centro bibliotecario nos últimos meses resultou, por cuarta vez consecutiva, recoñecido pola súa calidade. Cabería lembrar que o proxecto da Biblioteca Municipal de Tui resultou, na edición do ano 2007, como finalista na categoría de "labor bibliotecaria".

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, este novo recoñecemento ao labor que a Biblioteca Municipal tudense ven desenvolvendo no ámbito da promoción do libro e a lectura pública nos últimos tempos e que atopa unha positiva resposta por parte dos cidadáns tudenses. Sinala Rodríguez Pérez o compromiso da concellería de cultura tudense por consolidar este servizo municipal como un referente que facilite aos veciños o acceso á cultura e á información nos seus variados soportes, promovendo estes valores mediante un amplo programa de actividades diversificado para os diversos sectores de idade.