Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal renova a "Bibliopiscina"

24/07/2009

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL RENOVA A "BIBLIOPISCINA"

 

A Concellería de Cultura a través da Bibioteca Pública Municipal ten renovados nestes días a "Bibliopiscina" que ofrece os seus servizos nas instalacións das Piscinas Municipais tudenses. Este servizo de extensión bibliotecaria leva funcionando xa dende o ano 2006 cunha moi positiva acollida por parte dos usuarios destas instalacións de lecer veraniego.

Agora a Concelleria de Cultura do Concello de Tui, en colaboración coa Editorial Everest, ten promovido unha renovación deste servizo bibliotecario da "Bibliopiscina" cunha ampliación da superficie e da oferta bibliográfica que está ao dispor dos usuarios. Esta iniciativa presentada baixo o lema "Mergúllate nos libros" tenta achegar o libro e a lectura como unha oferta para o tempo de lecer para todas as idades e para todos os sectores sociais, así na escolma que se presenta se buscan unha grande diversidade de títulos e de formatos e temáticas.

Para acceder a este servizo bibliotecario non cómpre ningún tipo de carné da Biblioteca senón que posue un acceso libre e gratuito, e tampouco supón coste adicional algún para as personas que acceden ás Piscinas Municipais.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a renovación deste servizo de "Bibliopiscina" testemuña o importante compromiso que leva adiante o Concello de Tui pola promoción do libro e da lectura pública como ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento personal e social e como unha alternativa enriquecedora para o tempo de lecer que leva adiante este Concello a través da Biblioteca Pública Municipal.

Achegar os libros aos lugares onde está a xente e ofertalos como un elemento normalizado da vida personal e colectiva contribue de xeito eficaz a acadar unha normalización da lectura entre os nosos veciños, incrementando a sua afección polo libro.