Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal recibe un dos premios "Abril mes dos libros"

22/01/2009

A BIBLIOTECA MUNICIPAL LOGRA UN DOS PREMIOS "ABRIL, MES DOS LIBROS"

 

A Biblioteca Pública Municipal de Tui resultou gañadora dun dos premios concedidos pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia dentro do seu programa "Abril, mes dos libros". A convocatoria estaba dirixida ás Biblioteca Municipais e aos centros de ensino "como estímulo ás actividades de animación á lectura qu se desenvolvan no mes de abril".

Este premio, que logra por segundo ano consecutivo, premia a programación realizada pola Biblioteca Municipal tudense no pasado mes de abril para a celebración das diversas datas vencellas ao mundo do libro e a lectura: Día do Libro Infantil e Xuvenil, Dia do Libro, etc agrupadas en torno ao programa denominado "Mes das Letras".

O premio consiste nunha achega de 1.000 euros para adquisición de fondos bibliográficos que enriquezan a colección da biblioteca tudense. Cómpre lembrar que a Biblioteca tudense tamén acadou no pasado ano 2008 un dos premios do concurso "María Moliner" que convoca o Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación "Coca-cola" España.

Moisés Rodríguez Pérez, na súa condición de concelleiro de cutura, felicítase deste novo recoñecemento ao labor que desenvolve a Biblioteca municipal tudense e que evidencia o importante compromiso que pola promoción da lectura ven realizando o Concello de Tui nos últimos anos. Ao tempo agradece á Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural este novo apoio á actividade da nosa Biblioteca Pública Municipal.