Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal celebra mañá o "Dia das Bibliotecas" cunha sesión de contacontos con Soledad Felloza

23/10/2007

A BIBLIOTECA MUNICIPAL CELEBRA MAÑA O “DÍA DA BIBLIOTECA” CUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS A CARGO DE SOLEDAD FELLOZA 

Mañá 24 de octubre celébrase o “Dia da biblioteca” unha celebración que iniciada pola asociación de “Amigos do Libros Infantil e Xuvenil” na actualidade é xa unha cita ineludible no calendario da bibliotecas de España e Galicia.A celebración desta xornada, iniciada no ano 1997, ten como obxectivo contribuir a espallar a imaxe das bibliotecas, especialmente as de carácter público, como un equipamento cultural imprescindible para o desenvolvemento social e como unha ferramenta idónea para a formación e o lecer dos cidadáns. A biblioteca é o lugar de encontro dos lectores coa cultura e un instrumento básico para a convivencia.

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza diversas actividades de animación para conmemorar este “Día da Biblioteca”, amáis da presenza da “Ciclobiblioteca” o pasado sábado está:

 Martes 23 de outubro a 4 de novembro: Exposición “María Mariño, cantiga da costureira poeta”É unha exposición adicada á figura da poeta Maria Mariño Carou a quen está adicado neste ano 2007 o “Día das Letras Galegas”. Esta exposición organizada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia pretende divulgar a súa figura para nenos de entre 4 e 10 anos. Unha serie de paneis cos textos manuscritos do finado Xosé Agrelo e os óleos orixinais do ilustrador Alfonso Costa integran esta exposición. 

Mércores 24 de outubro, “Día das bibliotecas”, ás 18,00 h.: contacontos con Soledad Felloza:Para conmemorar cos nosos usuarios máis cativos a celebración do “Día da Biblioteca” haberá unha sesión de contacontos a cargo de Soledad Felloza.Docente, actriz e dramaturga Soledad Felloza posue unha ampla experiencia no teatro e na narración oral, especialmente en relación co público infantil ámbito no que ten desenvolvido especialmente a sua traxectoria profesional. 

Amáis na Sala Municipal de Exposcións podemos contemplar unha exposición de pìntura do ilustrados Manuel Uhía, que amosa una colección da súa producción artistica xunto ao tamén pintor Xulio Rodríguez. Manuel Uhía, con máis de 90 libros especialmente de literatura infantil e xuvenil ilustrados, é un dos principias referentes da ilustración en Galicia e achégase agora ata Tui para amosarnos a súa última producción.  

Según os datos do último estudio de hábitos de lectura e compra de libros, realizado en 2007 e promovido pola Federación de Gremios de Editores de España, a porcentaxe da población que se considera lectora mellora en España, situándose no 58,1 % da poboación maior de 14 anos. En Galicia os índices son máis preocupantes pois únicamente o 53% dos galegos maiores de 14 anos leron ou compraron, canto menos, un libro; ocupando o penúltimo posto de España (ainda que cómpre salientar que Galicia ten medrado nos últimos anos varios puntos nos hábito lectores).

Diante desta realidade as bibliotecas públicas convértense no vehículo principal para a promoción da lectura, como se recolle tanto no Plan de Fomento de la Lectura del Ministerio de Cultura como no novo Plan da Lectura da Xunta de Galicia. A celebración desta data quere lembrar este papel insustituible das bibliotecas na normalización cultural.