Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Banda de Música Popular de Tui e a Coral San Telmo ofrecen este venres o Concerto de Fin de Ano

27/12/2017

Será ás 21h no Teatro Municipal con carácter solidario xa que a entrada será un quilo de alimentos que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño

Este venres, 29 de decembro, ás 21h celébrase no Teatro Municipal de Tui o concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Coral San Telmo.  Este evento, organizado polo Concello de Tui, terá carácter solidario xa que as entradas cambiaranse por alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.

A Coral San Telmo creada no Nadal de 2015 e que se presentou oficialmente o 27 de marzo do ano pasado, será a encargada de abrir este evento musical no que estarán acompañados nalgunhas das pezas por Acompañados por Sandra González, frauta; Ella Cordón, piano; Carlos Souto, percusión, e Adolfo Pereira, guitarra, e noutras polo grupo Lirolai, dirixidos por Celso Diego Martínez.

O programa que van interpretar é o seguinte:

  • Foliada de Compostela……………………………… popular
  • La capitana ………………………………………………. Carlos Rubiera
  • Sementeira ……………………………………………… Arranxos Xosé A. Oliveira
  • Lirio del alba…………………………………………….. F. A. Rey Rivero
  • Seguindo unha estrela ……………………………… Javier Domínguez
  • Cativiño …………………………………………………… José Luís Reza
  • El tamborilero …………………………………………. Arranxos de Celso Diego
  • O carro ……………………………………………………..Arranxos Fuxan os ventos
  • Nadal en Luinta………………………………………….Arranxos Celso Diego
  • O Monte Viso…………………………………………….Popular

 

A continuación actuará a Banda de Música Popular de Tui que conta cunha lonxa traxectoria que remonta as súas raíces ao século XIX e que dende os anos oitenta mantén unha actividade constante. Baixo a dirección de Adolfo Besada ofrecerán un repertorio con pasodobres e valses:

  • La Entrada, pasodobre……………………Quintin Esembre
  • Macarena……………………………………….Arranxos Naohiro Iwai
  • Lago de los Cisnes, vals…………………..Tchaikowski
    1. Escena
    2. Danza de los Cisnes
    3. Danza Húngara

De seguido actuarán de forman conxunta a Banda de Música Popular de Tui e a Coral San Telmo para interpretar:

  • La del Soto del Parral………………………..R. Soutullo e Vert
  • Pero mira como beben……………………..panxoliña
  • Ande, ande, ande la marimorena……..panxoliña
  • Noche de Paz……………………………… panxoliña

Pecharán o concerto de Fin de Ano a Banda de Música Popular de Tui cun derradeiro bloque de composicións.

  • Ave María……………………………………… Shubert
  • Rosas del sur…………………………………. Johann Strauss
  • Danubio Azul…………………………………. Johann Strauss
  • Marcha Radetsky…………………………… Johann Strauss

A retirada de entradas para este concerto solidario poderá facerse o venres no despacho de billetes dende ás 19.30h a cambio dun quilo de alimentos que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.