Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Banda de Música de Sagún actuará nas Festas de San Telmo

28/03/2008

A Banda Sinfónica de Sagún actúa en Tui co gallo das  festas patronais de San Telmo

Ofrecerá un concerto o sábado na Catedral, e outro o domingo na Corredoira Xoves, 27 de marzo. 

A Banda de Música Sinfónica de Sagún vai ofrecer esta fin de semana dous concertos en Tui co gallo das Festas Patronais de San Telmo. Esta agrupación, formada por medio centenar de músicos, actuará o sábado ás 19h na Catedral interpretando un repertorio sacro. E o domingo ás 12h ofrecerá un concerto no Paseo da Corredoira.   

Creada en 1993 a Banda Sinfónica de Sagún está considerada unha das mellores bandas de músicas da provincia de León. Conta cun amplo repertorio, interpretando na actualidade máis de 50 obras de todo tipo: pasarrúas, pasodobres, obras orixinais para Bandas de Música, así como música para orquestras e marchas de procesión.
Na actualidade está dirixida por Jesús Francisco Blasco Juan, quen cursou estudos musicais nos Conservatorios Superiores de Valencia, Madrid e o Real Conservatorio de La Haya en  Holanda.  O Subdirector é Juan Blasco Juan. Estudou no Conservatorio Superior de Valencia. Obtivo o título de Profesor de Saxofón no Real Conservatorio de Madrid. Nos anos 90 percorre todo o mundo co grupo "Sax Emsemble".